![Maria Pose nova alcaldesa de Santa Comba]()
María Pose, do PP, volve ser a alcaldesa de Santa Comba
Ateigado, e repleto de forzas de seguridade e medios de comunicacións locais, autonómicos e mesmo estatais, estaba o Auditorio do Multiusos. Centos de veciños quixeron ver en directo a
moción de censura que PP e TEGA veñen de presentar no Concello de Santa Comba para quitarlle a alcaldía ao alcalde socialista José Antonio Ucha Velo. Un
Ucha Velo que denunciaba que a moción está orquestrada dende as altas esferas do PP, e que viu como o grupo de Terra Galega, despois de
estar case 6 meses no goberno co partido socialista, agora apoia a moción de censura para
investir á popular María Pose como nova, e repetida, alcaldesa.
![Numerosos medios de prensa e de seguridade na mocion de censura de Santa Comba]()
Numerosos medios de prensa e de seguridade na mocion de censura de Santa Comba
![Maria Pose, a nova alcaldesa de Santa Comba trala mocion de censura]()
Maria Pose, a nova alcaldesa de Santa Comba trala mocion de censura
Volve así María Pose á alcaldía, formando goberno con Terra Galega. María Pose volve a tomar o bastón de mando
tralo seu paso entre 2014 e 2015 como primeira alcaldesa da historia de Santa Comba, despois da
dimisión do ex alcalde Antonio Landeira, salpicado pola
Operación Qatedra.
7 alcaldes en 9 anos, e segunda moción de censura contra Ucha Velo
![O socialista Ucha Velo sufriu a súa segunda moción de censura]()
O socialista Ucha Velo sufriu a súa segunda moción de censura
Son así 7 alcaldes, varios repetidos, os que levan pasado polo despacho da Casa do Concello nos últimos 9 anos.
Arrincaba a carreira en 2007, cando o propio Ucha Velo alcanzaba a alcaldía superando, con apoios, a
José Tojá Parajó, alcalde popular no posto dende 1991. Xa daquela, en 2008, unha moción alonxaba a
Ucha Velo do poder e colocaba a
Miguel Pérez, do Partido Independientes por Santa Comba, como novo alcalde. En 2011,
Antonio Landeira era investido de novo cos votos dos Independientes, pero tivo que
dimitir dando paso a
María Pose. En 2015, as municipais deixaban a
Ucha Velo como alcalde, que volve ter que saír do despacho por mor dunha moción de censura.
María Pose repite e suma o 7º cambio en 9 anos.
![Concelleiros de TEGA na mocion de censura de Santa Comba]()
Concelleiros de TEGA na moción de censura de Santa Comba, con Chisco Ameijeiras, á esqueda, que podería ser nomeado en breve teniente de alcalde
Un foro romano
![Ateigado o Multiusos]()
Ateigado o Multiusos
Cual Foro Romano, o público asistente foi dando a súa visión nas intervencións e mesmo a Policía Local tivo que advertir a varios veciños alterados. Boa parte dos asistentes eran simpatizantes do actual alcalde, e así o fixeron notar. Entre eles, varios representantes das Agrupacións socialistas da bisbarra, como o alcalde de Laxe, Mouzo Castiñeira, ou o voceiro carnotán, Suso Campos.
![Membros do PSOE apoiando a Ucha Velo]()
Membros do PSOE apoiando a Ucha Velo
![A policia tivo que advertir a algun vecino]()
A Policia tivo que advertir a algún veciño alporizado
![Mesa na mocion de censura de Santa Comba]()
Mesa na moción de censura de Santa Comba
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Fotos: Facebook Concello de Santa Comba.