Martes. 15.10.2019
El tiempo

Seguemento dispar da folga entre os mestres da Costa da Morte

Seguemento dispar da folga entre os mestres da Costa da Morte

Comezou a folga do ensino en Galicia 3 días despois do inicio de curso. Tras comezar onte en Madrid, o profesorado galego convocaba hoxe a folga, cunha mobilización en Santiago de Compostela como eixeo, na defensa do ensino público e polos recortes no ensino de goberno central e Xunta de Galicia, tras comprobar que son varios os centros que perden profesorado.

As cifras a nivel nacional varías. Por unha banda, a Xunta asegura que o seguemento da folga en Galicia foi do 21.9%. Pola outra, CCOO afirma que rondou 75%. Ademais, CCOO calcula que 15.000 profesores se manifestaron polas rúas de Compostela ao longo desta mañá de mércores 21 de setembro de 2011.
Os que si fixeron pública súa adhesión á folga, foi o grupo do BNG de Fisterra, defendendo o ensino público e criticando "as políticas regresivas de fortes recortes en asuntos de vital importancia para todos/as."

Para facer un seguemento completo da folga na bisbarra, vimos de falar con 16 centros educativos da Costa da Morte. Puidemos comprobar como o seguemento da folga polos recortes no ensino é completamente diferente. Se ben atopamos 2 centros nos que se rexistrou un 100% de seguemento (e só quedou un mestre cumprindo os servizos mínimos), tamén temos outros 2 centros onde non houbo un só mestre que non acodise a clase.
Precisamente sorprende que foron en dous centros de Vimianzo, onde non faltou ninguén na aula.

A media total do seguemento da folga do ensino na Costa da Morte supera o 40%.

Os alumnos chegaron a clase en función dos seus mestres. Os que sabían que non ía haber clase, non viñeron a clase, pero os que sabían que non ía haber problemas e que as clases se ían desenvolver con normalidade, acodiron ás aulas.

Iso si, en Bacharelato notouse un seguemento da folga maior, que en Primaria. A concienciación dos mozos máis maiores, ou a falta de concienciación dos pais, pode ser unha das razóns. Pero tamén pode ser debido ás gañas de faltar a clase, porque si, do alumnado máis veterano.

Seguemento da folga do ensino nos centros da Costa da Morte

  • IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto (Camariñas) - De 31 mestres, 6 secudaron a folga (20% de seguemento). Os alumnos todos en clase.
  • IES Lamas de Castelo de Carnota - De 18 mestres só 2 a folga (10% de seguemento). Os alumnos, todos en clase.
  • IES Fernando Blanco de Cee - De 51 mestres, hai 8 en folga a esta hora (20% de seguemento). Boa parte do alumnado en clase.
  • CEIP Praia de Quenxe (Corcubión) - De 14 mestres, hai 7 en folga e unha facendo servizos mínimos (53% de seguemento). O alumnado, a medias.
  • CEIP Santa Eulalia de Dumbría - De 12 hai 9 en folga (75% de seguemento). Alumnos foron poucos.
  • CEIP Mar de Fóra de Fisterra - De 16 mestres, 10 secundaron a folgan (60% de seguemento). E poucos alumnos.
  • CEIP Areouta de Sardiñeiro, Fisterra - De 6 mestres, 5 secundaron a folga e só queda un polos servizos mínimos (100% de seguemento). Apenas hai nenos.
  • CPI Cabo da Area de Laxe - De 40 mestres, uns 22 en folga (45% de seguemento). Non viñeron apenas alumnos.
  • CEIP Milladoiro de Malpica - De 17 mestres 7 a folga (40% de seguemento).
  • CPI da Picota de Mazaricos - De 36 profes, 6 en folga (15% de seguemento). Os alumnos a meirande parte en clase.
  • IES Fontexería de Muros - De 50 mestres, 15 en folga (30% de seguemento). Faltan alumnos en bacharelato pero a ESO hai normalidade.
  • CEIP Virxe da Barca de Muxía - De 5 mestres foron 4 á folga, só quedou un polos servizos mínimos (100% de seguemento). Non hai alumnos.
  • CEIP As Forcadas de Corme (Ponteceso) - De 14 mestres van 2 a folga (15% de seguemento)
  • CEIP San Vicenzo (Vimianzo) - 28 mestres e ningún secunda a folga (0% de seguemento), ao igual que os alumnos.
  • CEIP Baíñas (Vimianzo) - 13 mestres e ningún secunda a folga (0% de seguemento), ao igual que os alumnos.
  • CEIP Labarta Pose de Baio (Zas) - De 16 mestres, 12 secundaron a folga (75% de seguemento), e apenas hai alumnos.

Que vos parece a folga?

Animámovos a que nos contedes que pensades da folga, ben no apartado de comentarios aquí embaixo, ou a través do noso Facebook.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios