Venres. 26.04.2024
El tiempo

Senda Nova bota a andar a súa escola ambiental

Senda Nova bota a andar a súa escola ambiental
Esta semana comezaron as charlas informativas nos colexios de primaria Esta semana comezaron as charlas informativas nos colexios de primaria A asociación ecoloxista Senda Nova puxo en marcha esta semana un dos proxectos máis ambiciosos da entidade: a súa escola ambiental. Concretamente, o pasado martes comezaron a informar aos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º, 6º curso sobre a posta en marcha da escola ambiental de Senda Nova, que segundo indican dende a organización vén sendo unha remodelación do obradoiro ambiental Sendas Carballo que amplia obxectivos a prol do traballo polo coñecemento do patrimonio da poboación máis nova. Para poñer en marcha este proxecto, contan co apoio de distintas administracións e dun nutrido grupo de voluntarios e voluntarias de Senda Nova, que se extende a pais, nais, titores e propios participantes, encargados da vida do programa. As sesións, unha por semana, proxectanse os sábados ou os domingos e abarcan practicamente o longo do curso escolar a través de sesións de aula e no exterior, dando vida a través do deporte e o xogo, a actividades de contacto coa natureza e de espírito de convivencia. En cada sesión informativa entregarán unha folla na que os alumnos poden facer a preinscripción. Tal e como ven no propio folleto, poden entregala entre os días 21 e 30 de outubro os mércores, xoves e venres de 16 a 19 h. na rúa Venezuela nº 12 Carballo. Fonte

Comentarios