Senda Nova pon en marcha 7 rutas de Outono


Chega o Outono e unha das asociacións máis naturalmente activas da comarca de Bergantiños ponse en marcha. Así, esta semana no local social de Seavia presentaban o seu novo programa "II Outono en marcha". Unha presentación á que asistían unhas 30 persoas, representantes dos concellos colaboradores: A Laracha, Carballo e Coristanco, así como membros da AAVV San Mamede de Seavia e da Asociación Ambiental Senda Nova.
Ademais destas entidades, colabora no programa de rutas Protección Civil de Carballo e entidades e persoeiros diversos, moitos deles das parroquias por onde van pasar as rutas.

Como sempre as rutas son as protagonistas. O programa este curso está composto por 7 rutas, combinando litoral como unha pola praia e unha etapa do Camiño dos Faros, interior, ríos, patrimonio cultural, histórico, etnográfico...
Rutas do Outono en Marcha

- 27 de outubro: Coristanco Histórico.
- 2 de novembro: Razo-Baldaio (Carballo).
- 10 de novembro: Ruta das Férvedas (Carballo).
- 24 de novembro: Terra do Marqués (Carballo).
- 1 de decembro: Tras as pegadas do Wolframio (Carballo-Malpica).
- 8 de decembro: Ríos de Sofán (Carballo).
- 15 de decembro: Camiño dos Faros (Arou-Camariñas).
Avance en vídeo
- Máis información: www.sendanova.org.
Novas relacionadas
- A ornitoloxía tamén embriaga aos trasnos.
- O xogo tradicional volve a Bergantiños.
- Recunchos: A Férveda de Rus pola Ruta das Férvedas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).