Venres. 17.05.2024
El tiempo

O xogo tradicional volve a Bergantiños

O xogo tradicional volve a Bergantiños
Carballo colle o relevo de Ponteceso como centro do xogo tradicional de Galicia co V Curso de Formacion sobre o Patrimonio Ludico

Hai apenas un mes asistimos á inauguración do primeiro museo etnolúdico de Galicia, o MELGA de Ponteceso. E os vindeiros venres 8 e sábado 9 de novembro será o Forum Carballo o que colla o relevo como epicentro do xogo tradicional en Galicia. Eses días terá lugar o V Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico.

O Curso está organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT)–entidade nacida para a divulgación do patrimonio lúdico– e Nova Escola Galega –movemento galego de renovación pedagóxica–, contando ademais coa colaboración de Apoliñar G. Varela, investigador nado en Malpica que está realizando a súa tese sobre os xogos populares dese concello.

O lema da cita é o "Xogo tradicional e desenvolvemento psicomotriz" e o obxectivo do curso é o de tratar de formar os educadores e educadoras coa finalidade de restituír os xogos tradicionais á cadea de produción cultural, consonte co que está sucedendo na maior parte dos países de Europa. I é que hai que lembrar que Galicia é un país enormemente rico en xogos, á par do País Vasco e de Navarra, e na última década estase asistindo a un proceso vigoroso de recuperación desde diferentes ópticas –deportiva, cultural, administrativa...– pero tamén desde o ámbito escolar.

O Curso compaxinará a análise teórica do xogo tradicional galego coa práctica duns trinta xogos de sempre, e pretende dotar os educadores/as asistentes de estratexias que permitan recuperar o patrimonio lúdico desde todos os ámbitos da educación en Galicia.

Entre os relatores do Curso encóntranse Apolinar Graña Varela –investigador bergantiñán- Ricardo Pérez y Verdes –Director do Museo Etnolúdico de Galicia, de Ponteceso-, Antón Cortizas, Xosé Manuel García e Xosé López –os tres, talvez os maiores estudosos galegos sobre os xoguetes tradicionais-.

No Curso pronunciará unha conferencia e dirixirá un obradoiro Julio Ángel Herrador Sánchez, un dos especialistas europeos máis recoñecidos. A Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais apoia a actividade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios