Luns. 09.09.2024
El tiempo

Ser nais e pais obríganos a vixiar a nosa Declaración da Renda

Ser nais e pais obríganos a vixiar a nosa Declaración da Renda
Unha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid recoñeceulle a unha nai a devolución de 3.135,11 euros por non estar suxeita a tributación ás prestacións por maternidade. Cando unha é nai, e non me refiro unicamente ao parto, senón tamén á adopción, ao acollemento familiar e á tutela, xérase o subsidio por maternidade, unha prestación que recoñece dezaseis semanas ininterrumpidas de descanso, nas cales se cobra o 100% da base reguladora da traballadora. Á antedita tamén pode acceder ao pai, pois no caso de que ambos proxenitores traballen pode optar a nai por concellerde parte deste dereito. Ben, ata aquí todo soa a país do primeiro mundo, nembargantes a situación alónxase da realidade en canto observamos a Lei do IRPF e análogas. Na antedita Lei (35/2006, do 28 de novembro) no seu artigo 7 enumera unha serie de rentas que estarían exentas de tributación. Seguimos lendo, e na letra h atopamos a exención ás prestacións familiares reguladas na Lei Xeneral da Seguridade Social. Sabedes que prestación se encontra exenta? A Prestación por Maternidade. Polo tanto, a Axencia Tributaria estivo ingresando indebidamente cantidades que non estaban suxeitas ao IRPF. Só en nacementos, e segundo o INE, en España naceron cerca de dous millóns de nenos e nenas dende o ano 2012 ata o ano 2015. Podedes imaxinarvos a cantidade de millóns que ingresou esta Administración a conta do contribuínte. Conto só dende o ano 2012, debido a que os anteriores exercicios estarían prescritos por mor do alcance de catro anos en materia tributaria, e polo tanto xa non son impugnables. O procedemento para a reclamación dos seus intereses sería o seguinte: 1º.- Se vostede vai cobrar a prestación aconséllolle que siga os estándares de tributación da Axencia e a posteriori presente unha Rectificación da Liquidación. Isto é debido a que desta forma vostede non incumpre os seus deberes como contribuínte (coa conseguinte multa) e gárdase o dereito á impugnación. Se xa cobrou a prestación, posterior ao ano 2012, presente directamente a Rectificación da Liquidación do IRPF, na cal solicitarase a devolución do tributado en concepto da prestación por maternidade. 2º.- Unha vez que presente este escrito sepa vostede que vai ser rexeitado nun prazo aproximado de seis meses, o cal obrigaralle a presentar o escrito de impugnación diante do Tribunal Económico Administrativo Rexional (TEAR) de Galicia, con idéntico resultado e tempo. 3º.- Rexeitado no TEAR, terá vostede a posibilidade de acudir ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde podería existir a verdadeira posibilidade de éxito reintegrándoselle a cantidade retida. Un proceso longo, por enriba dos dous anos, que podería quedar en nada, xa que a sentenza de Madrid non crea xurisprudencia, sen embargo creo, existe base suficiente como para intentar pelexalo. Debemos recordar tamén que no caso de que o TSX evacuase a sentenza de devolución corresponderíanlle tamén os intereses de demora anuales xerados (agora mesmo establecidos en 3,75%) pola lonxitude do proceso. Díganme un banco que lle dea un prazo fixo superior ao 1% anual. A administración casi llo cuadriplica, paréceme unha boa inversión.
  • Diego Dourado, profesional do eido xurídico. Porteiro da UD Cerqueda ([email protected]).
 

Artigos de Diego Dourado

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios