Solpor encheu a FITUR cun “Mar de Gracias”

Picallo explicando a campaña en FITUR

A Costa da Morte estivo moi activa nesta FITUR. E un dos eventos máis emotivos foi o protagonizado pola Asociación Solpor. Jesús Picallo explicou como nace a campaña “Un mar de gracias”, que leva sendo ser unha homenaxe ao sector turístico de Santiago de Compostela e de agradecemento a recomendadores e prescritores pola súa labor.

O vídeo dá visibilidade “á singularidade e atractivos únicos dun destino que ten os seus brazos abertos a todos aqueles que buscan desfrutar dunha experiencia como non hai outra igual", destacoou PIcallo. A proxección serviu tamén para salientar os atractivos das empresas asociadas e aos profesionais do sector (aloxamentos, restaurantes, guías, empresas de transporte, empresas de servizos, medios de comunicación) e operadores turísticos que conforman SOLPOR e son a base do seu éxito.

A Costa na FITUR 2023