Venres. 26.04.2024
El tiempo

A CMAT fachendeou do Destino Turístico Starlight en FITUR

CMAT-Entrega-DestinoStarlight-FITUR 2023
A CMAT fachendeou do Destino Turístico Starlight en FITUR

”Xa é oficial. A Costa da Morte xa súmase hoxe á rede internacional de Destinos Starlight”. Así o anunciou Mónica Rodríguez, presidenta da CMAT, ao recibir o certificado como Destino Star Light a mans da directora da Fundación Starlight, Antonia Varela.

Un certificado que ratifica a aposta polo “turismo sostible” e a “sensibilización para traballar na conservación do ceo nocturno”. Este selo de calidade "daranos recoñecemento e visibilidade", non só a nivel nacional senón tamén internacional, destacou a tamén alcaldesa de Vimianzo, que agradeceu o traballo de Jorge Mira, da Deputación e de Turismo de Galicia, así como o compromiso do sector turístico comarcal, representado pola APTCM, e da Secretaría Técnica da CMAT, Marta Rodríguez.

CMAT-Entrega-DestinoStarlightFITUR2 copia

Foi o propio científico baiés o que deu as pinceladas máis importantes arredor do noso ceo para deleite dos asistentes. Hoxe venres, Mirarealizará unha presentación da publicación, baseada nos seus estudos científicos, da “Guía das últimas solpor de Europa occidental”.

Antonia Varela lembrou os compromisos que se adquiren, sobre todo no que se refire á redución da contaminación lumínica e á protección do ceo nocturno, así como a aposta dos concellos pola iluminación pública intelixente e exterior. sostible.

Jorge Mira-Antonia Varela-Monica Rodriguez-FITUR
Jorge Mira, Antonia Varela e Mónica Rodríguez na entrega oficial do certificado

Recoñecemento Especial de Turismo de Galicia

A CMAT recibiu unha doble boa nova, xa que a Directora Xeral de Turismo entregoulle á entidade o Recoñecemento Especial de Turismo de Galicia polo traballo realizado durante 2022.

Outras novas

FITUR 2023

Comentarios