Carnota, Mazaricos e Santa Comba fachendean de Fervenzas en FITUR

07:31 19/01/23
Despois da presentación do proxecto da Deputación Os Fogóns do Anllóns, a FITUR acollía onte a presentación do catálogo Fervenzas de Galicia, “Poema Visual”. O stand de Galicia en Fitur, enchíase para presentar este proxecto que recolle ducias de fervenzas de todo o país.
Entre elas, atopamos as cascadas da nosa comarca, de concellos como Carnota, Mazaricos e Santa Comba. O alcalde carnotá Juan Manuel Saborido “Moma”, o mazaricán Juan Blanco, e a xalleira María Pose, non faltaron á cita para scar peito das súas augas caídas.

As fervenzas nos Recunchos da Costa
- As fervenzas de Pedrafigueira (Carnota).
- A Fervenza de Castriz. (Santa Comba).
- A Fervenza de Vioxo-Chacín. (Mazaricos)
- A Fervenza de Santa Locaia (Mazaricos).
- A Fervenza de Noveira (Mazaricos).