A Deputación estreou a presencia costeira en FITUR co proxecto Os Fogóns do Anllóns

Arrincou a FITUR e o fixo co proxecto 'Os Fogóns do Anllóns’. A Deputación da Coruña protagonizou a primeira presentación da Costa da Morte no posto de Turgalicia na Feira Internacional de Madrid. Unha cita ateigada de xente, a meirande parte procedentes da comarca.
En presencia do delegado do Goberno, José Miñones, o presidente do Cluster de Turismo, Cesáreo Pardal; a directora Xeral de Turismo da Xunta Nava Castro; o alcalde de Cabana José Muíño, o Delegado territorial de la Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor López, o vicepresidente da Deputación e responsable da área de turismo Xosé Regueira debullou as patas máis importantes deste proxecto que trata que colocar a comarca de Bergantiños (concretamente os Concellos polos que pasa o río Anllóns: A Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana) como un ideal destino gastronómico e de natureza.
Regueira quere convertir a zona nun “territorio gastronómico difererenciado” e que “destaque a nivel estatal e internacional” como refetente de “calidade e sustentabilidade”. Regueira afondou nos alicerces do
Ao seu carón estivo cociñeira do restaurante Pementa Rosa de Carballo, Rocío Martínez, poñendo en valor un dos grandes alicerces proxecto inter-institucional: a calidade do noso produto. “No río, na hora e nas nosas lonxas temos a nosa despensa, todo á man e do mellor do mellor”. A cociñeira asegurou, botando man do humor, que “eu non vou mercar en Mercamadrid tendo o mellor ao lado da casa”, e indicou que “non concibo unha gastronomía de calidade que non se basee no noso propio produto”.
Un vídeo
Ademais, a presentación estivo apoiada por dous pequenos vídeos nos que participaron representantes políticos dos cinco concellos que forman parte do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino de ‘Os Fogóns do Anllóns’, o vicepresidente da Deptuación, Xosé Regueira, o cociñeiro Marcos Seoane do restaurante Río Sil e a cociñeira Rocío Martínez do restaurante Pementa Rosa (ambos de Carballo), a integrante da asociación Deportiva Downhill (BTT) da Laracha, María Rivera Haz, o presidente da asociación de veciños San Adrián de Verdes, José Rial, a empresaria Lucía Calvo da marca de produtos gourmet La Huerta D’Lujo de Coristanco, o ornitólogo José Luis Rabuñal e a presidenta da asociación de mariscadoras de Cabana, Inés García Fernández.
A presencia costeira en FITUR completarase estes días con:
- O Concello de Mazaricos, o Concello de Vimianzo e o Percebe da Barca.
- a href="https://www.quepasanacosta.gal/articulo/costa-da-morte/solpor-levara-campana-mar-grazas-fitur/20230113075550142492.html">Solpor leva a campaña “Un mar de grazas”.
- A CMAT recibirá o selo de Destino Starligh para fachendear do noso ceo.
Máis novas de turismo
Historial do proxecto dos Fogóns do Anllóns
- Decembro 22: O proxecto turístico “Os fogóns do Anllóns” xa está en marcha cun 1,5 millóns de euros
- Maio 22: O Proxecto Anllóns chámase ‘Os fogóns do Anllóns’ e aposta pola gastronomía.
- Febreiro 22: Medio millón para arrincar a primeira fase do Proxecto Anllóns: unha gran senda verde de 53km.
- Outubro 21: Constituído o Consello de Dirección do Proxecto Anllóns pensando nos Fondos Next Generation.
- 24-09-21: Creado un ente intermunicipal para xestionar o "Proxecto Anllóns”.
- Xullo 21: Deputación e 5 Concellos de Bergantiños crean o “Proxecto Anllóns”.