Venres. 26.04.2024
El tiempo

‘Camariñas está de moda’, tamén na FITUR

Camariñas4 en FItur
‘Camariñas está de moda’, tamén na FITUR

Foi moi protagonista este xoves a Costa da Morte na FITUR. Tralas presentacións do proxecto Os Fogóns do Anllóns e da guía da Xunta coas fervenzas de Carnota, Mazaricos e Santa Comba, tocoulle paso á CMAT, á Solpor e á Ría de Muros e Noia.

E como non, á Mostra do Encaixe de Camariñas. A expedición municipal comezaba visitando a pantalla xigante de Callao que loce o cartel publicitario da XXXII edición da Mostra, repetindo unha acción promocional que funcionou moi ben en 2020 e 2022. Co lema ‘Camariñas está de moda’ ‘Siempre en Semana Santa’ seguro que serve de foco de atracción para xentes de todo o país.

MOSTRA_Encaixe_Callao_23

Xa na FITUR, no stand de Turespaña, a alcaldesa Sandra Insua presentou a XXXII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do 5 ao 9 de abril. O gran protagonista foi o vídeo promocional, que fai un percorrido por todas as parroquias do municipio a través dunha pasarela vermella, na que desfilan voluntarios e voluntarios da Mostra.

Sandra Insua animou ao visitante a que veña a Camariñas en Semana Santa “a coñecer a nosa tradición” e asegurou que “vos quedaredes con gañas de repetir para coñecer máis do que somos e de todo o bo que nos rodea”.

Camariñas1 en FITUR

Outras novas do Encaixe

FITUR 2023

Comentarios