Solpor encheu a FITUR cun “Mar de Gracias”

A Costa da Morte estivo moi activa nesta FITUR. E un dos eventos máis emotivos foi o protagonizado pola Asociación Solpor. Jesús Picallo explicou como nace a campaña “Un mar de gracias”, que leva sendo ser unha homenaxe ao sector turístico de Santiago de Compostela e de agradecemento a recomendadores e prescritores pola súa labor.
O vídeo dá visibilidade “á singularidade e atractivos únicos dun destino que ten os seus brazos abertos a todos aqueles que buscan desfrutar dunha experiencia como non hai outra igual", destacoou PIcallo. A proxección serviu tamén para salientar os atractivos das empresas asociadas e aos profesionais do sector (aloxamentos, restaurantes, guías, empresas de transporte, empresas de servizos, medios de comunicación) e operadores turísticos que conforman SOLPOR e son a base do seu éxito.
A Costa na FITUR 2023
- Os eco-influensers foron a voz da Ría de Muros Noia en Fitur.
- A CMAT fachendeou do Destino Turístico Starlight en FITUR.
- ‘Camariñas está de moda’, tamén na FITUR.
- Carnota, Mazaricos e Santa Comba fachendean de Fervenzas en FITUR.
- A Deputación estreou a presencia costeira en FITUR co proxecto Os Fogóns do Anllóns.