venres. 07.02.2025
El tiempo

Solpor presentará a Porta da Comprensión e a Volta de Gloria en FITUR

Jesus Picallo de SOLPOR en Fitur
Jesús Picallo, presidente de Solpor, na pasada edición de Fitur
Solpor presentará a Porta da Comprensión e a Volta de Gloria en FITUR

A vindeira semana celébrase unha nova edición de FITUR, e alí estará, entre unha dispersa presenza costeira, coma sempre, a Asociación Solpor. A representante empresarial do Camiño Fisterra-Muxía leva dúas propostas singulares para seguir espallando o noso potencial xacobeo.

Por un lado, e da man da Fundación Brandomil, presentan a Porta da Comprensión. Inspirados nas portas xaponesas coñecidas como torii, que preceden ós santuarios sintoístas representando o paso do ámbito mundano ao sagrado, dende Solpor entenden que esta concepción de tránsito tamén é aplicable o itinerario que de Compostela conduce a Fisterra e Muxía. Así, do mesmo xeito que se ten obrado noutros lugares, poñamos por caso á entrada da Vía Francíxena na rexión Toscana, dende Solpor consideran tería moito sentido que unha porta ou arco, construído sobre a propia vía, balizara e significara a chegada dos peregrinos á comarca de Fisterra.

O arco, en certo modo equiparable ós milladoiros existentes nas vías antigas e medievais, non sería máis ca materialización dese sentimento do que foron partícipes viaxeiros e, sobre todo, peregrinos, que percorren cada ano o treito Santiago-Muxía-Fisterra, que son entre 50.000 e 60.000.

Volta de Gloria

Presentada hai apenas unhas semanas, Solpor quere presentar esta nova ruta proposta que une dous Camiños Xacobeos, como son a Prolongación a Fisterra-Muxía e Camiño da Ría de Muros-Noia.

A senda entre Cee e Muros permitiría gozar de zonas como a Ría de Corcubión, o Ézaro, o Monte do Pindo, o Areal de Carnota, o Monte Louro e Area Maior...

Máis novas

Comentarios