xoves. 23.01.2025
El tiempo

Presentan o proxecto da Volta de Gloria, unha nova senda entre Cee e Muros

ReunionVoltadeGloria
Presentan o proxecto da Volta de Gloria, unha nova senda entre Cee e Muros

Interesante proposta de crear itinerario peonil entre Cee e Muros, pasando por puntos tan simbólicos como O Ézaro e O Pindo. Así será a "Volta de Gloria". A idea de crear un itinerario distinto de volta ata Santiago para a xente que acaba o Camiño en Fisterra, colle forza. 

O pasado luns o Concello de Carnota acollía unha concorrida reunión entre representantes de administracións e asociacións turísticas dos xeodestinos Ría de Muros Noia e Costa da Morte implicados na posta en marcha deste itinerario turístico e cultural. 

De feito, a iniciativa que podería comezar a funcionar na primavera de 2025 e que será presentada oficialmente en FITUR, 

Semella ademais que hai disposición entre os representantes municipais de Cee, Carnota, Muros e Dumbría (o rexedor  non puido asistir por asuntos de saúde)

Traballos de delimitación

Por outra banda, a reunión serviu tamén para presentar o traballo de delimitación do itinerario que definitivamente vai seguir a Volta de Gloria e que foi realizado por Antón Pombo, José Antonio de la Riera e Segundo Saavedra, tres dos profesionais con máis traxectoria e experiencia nos Camiños xacobeos. O traballo de delimitación do trazado consta dunha exhaustiva documentación e análise de variantes sobre decenas de quilómetros de camiños, sendas e estradas entre a Igrexa de Santa María da Xunqueira de Cee e o porto de Muros, dende onde o navegante veneciano Pietro Querini comezou a súa peregrinación ata Santiago a principios do século XV.

Un aspecto moi valorado polos asistentes foi o intensa labor de coordinación e negociación co equipo redactor do proxecto de Senda Litoral de Galicia, promovida pola Xunta de Galicia, e que fai que coincidan no 100% co itinerario de Volta de Gracia entre Cee e Muros. Esta coincidencia supón unha innegable vantaxe de racionalización de recursos públicos e limitación de impactos de ambos itinerarios.
De feito, Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota que é o concello con máis percorrido do novo itinerario, afirmou que “estamos moi satisfeitos co resultado do traballo porque, gracias ao mesmo, dispomos dun documento que racionaliza o trazado de rutas, vital para un concello como Carnota cunha franxa practicable tan estreita e sempre virada cara á costa”.
 

Máis novas

Comentarios