Domingo. 28.04.2024
El tiempo

SOS Sanidade Pública-Costa da Morte chama á mobilización este domingo en Compostela

Manifestación Sanidade Pública
SOS Sanidade Pública-Costa da Morte chama á mobilización este domingo en Compostela

Continúan as carencia sanitarias na comarca. Áreas como a pediatría, a atención primaria, o servizo de hospitalización a domicilio e a unidade de saúde mental do hospital comarcal situado en Cee son realmente precarias, convertindo á nosa veciñanza en cidadáns de segunda. Ademas, a Costa da Morte, o Hospital de Cee segue pedindo, sen que ninguén escoite, especialidades que aínda faltan no Hospoital Virxe da Xunqueira de Cee como cardioloxía, neuroloxía ou reumatoloxía, así como a inexistencia dun protocolo que regule a atención a persoas con necesidades especiais.

Por iso a Plataforma SOS Sanidade Pública-Costa da Morte chama á veciñanza da comarca a mobilizarse na manifestación deste domingo 4 de febreiro en Compostela, con saída ás 12 horas da Alameda. Hai posibilidade de asistir en bus, de balde, dende Fisterra, Corcubión, Cee e Dumbría.

A plataforma reclama máis investimento público en sanidade para mellorar o “nefasto servizo”. A voceira de SOS Sanidade Pública-Costa da Morte, Vanessa Viquendi Fernández, destacou o deterioro no servizo pediátrico como un dos maiores problemas da comarca en materia sanitaria. A representante do colectivo, que tamén é presidenta da plataforma “Pediatras e Matronas Xa”, denunciou o déficit de pediatras na zona en relación á demanda existente. “A situación é nefasta, en Cee o servizo está saturadísimo porque moita xente doutros concellos é derivada alí debido á falta de pediatras noutros lugares”, sinalou Vanessa Viquendi, que tamén lembrou o retraso en cumprise a promesa da Xunta en crear prazas por concurso de méritos. “A situación cada vez é peor”, sentenciou a voceira da plataforma.

Necesidades Especiais

Outra das eivas que existen na comarca é a falta dun protocolo que regule a atención sanitaria das persoas con necesidades especiais, segundo apuntou Álex López, voceiro da Plataforma Reiseñores NEE/NEAE (Necesidades Educativas Especiais/Necesidades Específicas de Apoio Educativo). López remarcou que “cada vez hai máis xente diagnosticada con necesidades especiais e que teñen dereito a ter un tratamento sanitario acorde á súa situación, como persoas dentro dun mundo que tamén lles pertence”.

Comentarios