Venres. 19.04.2024
El tiempo

SOS Sanidade Pública presentalle á Deputación o calendario de concentracións polos cambios na Lei de Saúde

SOS Sanidade Pública presentalle á Deputación o calendario de concentracións polos cambios na Lei de Saúde
sos-sanidade-publica-deputacion Goretti Sanmartín e Ánxela Franco mantiveron onte un encontro con representantes da plataforma SOS Sanidade Pública Representantes de SOS Sanidade Pública - un colectivo que se está a mobilizar contra o proxecto de lei de cambio da Lei de Saúde - mantiveron onte un encontro coa vicepresidenta de Deputación da Coruña -  Goretti Sanmartín Rei - e a responsábel da área de Servizos Sociais, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña - Ánxela Franco -. Na xuntanza, os representantes da plataforma SOS Sanidade Pública explicaron as demandas que están a defender e que serán protagonistas das próximas concentracións comarcais o próximo mércores 24 de xaneiro ás 20 horas e, de maneira especial, na manifestación galega que terá lugar o vindeiro 4 de febreiro en Santiago na defensa da sanidade pública. Entre outros temas, o grupo de representantes de SOS Sanidade Pública explicaron as súas demandas que pasan por evitar situacións de caos nas urxencias hospitalarias como as que aconteceron ao longo deste mes, a redución das listas de agarda ou unha atención primaria ao dispor das persoas sen esperas e con capacidade de resolución de problemas. Na xuntanza insistiron no rexeitamento do proxecto de lei de cambio da Lei da Saúde porque, ao seu ver, vai reducir a atención dos hospitais comarcais e as posibilidades de participación da cidadanía na avaliación da sanidade e consolida a presenza dos intereses privados na investigación pública e na formación de profesionais sanitarias. Tanto Goretti Sanmartín como Ánxela Franco manifestaron o apoio do goberno da Deputación da Coruña ás demandas da plataforma e lembraron que o pasado ano foi aprobada en pleno unha moción de acceso universal ao sistema público de saúde coas demandas da propia plataforma.

Comentarios