TeGa levará ao pleno as propostas dos veciños de Cuns
Os concelleiros de TeGa de Coristanco mantiveron unha xuntanza o fin de semana pasado cos veciños de Cuns, para recoller propostas e analizar a situación da problemática dos montes ante o novo parque eólico. “A situación pola que están pasando os propietarios dos montes de Cuns é preocupante”, segundo Amancio Lavandeira, voceiro do TEGA, “sobre todo, porque se lles privou de negociar directamente coa empresa do parque eólico os dereitos que teñen como propietarios, e siguen sin poder facer uso dos mismos”.
Por este motivo Terra Galega, presentará de novo unha proposta de cara ó vindeiro pleno de setembro, para que se proceda de forma urxente, a devolvérllelos montes aos donos, e que sexan eles os beneficiarios da instalación do parque eólico.
Dende Tega “non entenden como se lles siguen dando largas e excusas para que non poidan facer uso dos seus dereitos, tendo en conta as reiteradas manifestacións do alcalde ante os propios veciños e ante a corporación municipal, onde o voceiro de TeGa ten preguntado en varias ocasións sobre este tema”.
Un dos problemas fundamentais é o económico. Segundo TeGa, “o concello ingresa unha importante suma de diñeiro que é dos veciños de Cuns e Couso, e a maiores, os propietarios vense na obriga de gastar un diñeiro en avogados para reclamar o que lles pertenece, e non percibir as rendas do que xenera o parque”. E para iso, pedirán ”compromisos concretos e medibles con eses veciños, xa que o que non nos vale son as promesas verbais do alcalde sobre proxectos que nunca se chegan a facer”.
Fonte
- Nota de prensa do TeGa.