Venres. 19.04.2024
El tiempo

A transmisión dixital da fe en tempos de pandemia

O Salón do Reino da Testemuñas de Xehová
A transmisión dixital da fe en tempos de pandemia

Co Salón do Reino, erguido polos propios feligreses en Vilanova (Cee), pechado, a comunidade de Testemuñas de Xehová da Costa da Morte está orfa de compañía. “A pandemia deixou o pequeño grupo de 60 fieis sen poder celebrar as súas reunións semanas, e dende marzo, ditas reunións se levan a cabo a través da rede”. Outra volta de torca á revolución dixital.

”A verdade é que agora estamos moi limitados en canto ao que podemos facer, pero non é nada novo, creo que todos nos intentamos adaptar a esta etapa tan peculiar”, explica Nacho Castañedo orgulloso da disposición dos seus veciñ@s de Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbria, Vimianzo, Muxia, Camariñas e Carnota.

Casa das Testemunas de Xehova en Vilanova-Cee

”Antes reuniámonos dúas veces á semana no local. A pandemia de Covid-19 non puxo fin a estas reunións; pero o que si cambiou é o xeito de levalas a cabo. pasamos do presencial ao virtual, é dicir, usamos aplicacións de videoconferencia para poder congregarnos”, describe. “Quedamos gratamente sorprendidos ao ver o rápidamente que se adaptaron todos a este tipo de tecnoloxías. Hai que ter en conta que no grupo, non só contamos con persoas novas, senón tamén persoas de idade moi avanzada. como se logrou semellante cambio en cuestión de 1 ou 2 semanas. Pero bueno, nós xa estabamos habituados a usar dispositivos móbiles nas nosas reunións; de feito dispoñemos de versións digitales da Biblia e unha páxina web que contén moita información interesante e útil para entender mellor as Escrituras”.

”Nesta ocasión, foi cuestión de “especializarse” nalgunhas aplicacións de videoconferencia. Como somos un grupo moi ben “avenido”, os que eran máis diestros nestas tecnoloxías, daban formación aos máis inexpertos; e a día de hoxe podemos dicir, con orgullo, que ata os maiores manexan con habilidade aplicacións como o Zoom, tendo unha asistencia a estes encontros do 100%”, explica.

Dende logo que botan de menos o contacto social. Pero “para as Testemuñas de Xehová a vida é un marabilloso agasallo de Deus e evitamos calquera conduta ou comportamento que a puidese poñer en perigo, tanto a nosa como a dos nosos veciños. Novamente aquí, temos que facer uso da tecnoloxía para manter o contacto entre nós: chamadas, videollamadas, whatsapp, etc.. son ferramentas valiosas que nos permiten estar preto uns doutros. Algo que tamén nos axuda a ser positivos, malia a difícil situación que afrontamos, é reflexionar nas promesas que atopamos nas Escrituras. Nela, non só aparecen consellos prácticos e oportunos para os desafíos actuais, senón promesas confiables que nos falan dun mundo sen sufrimento”, explica.

Campaña mundial de divulgación bíblica, tamén en Costa da Morte

”E xa que non podemos visitar as persoas nos seus fogares, durante este mes, estamos envoltos nesta campaña especial e global. En particular, tratamos de levar consuelo e esperanza a través da promesa bIblica sobre o Reino de Deus”, explica. A idea da campaña, desenvolta durante o mes de novembro, foi achegar a tódolos funcionarios do Goberno local e nacional un número especial da revista “La Atalaya” (descargable tamén no portal jw.org).

Novas relacionadas

Comentarios