Tres comidas e dúas andainas solidarias para as entidades locais das AECC da comarca

Semanas axitadas para as familias locais da Asociación Española Contra o Cancro AECC na Costa da Morte.
As entidades locais de Cee, Muxía e Vimianzo organizan senllas Comidas Solidarias, mentres que por Cabana e Carballo optan polas Andainas.
Comidas en Cee, Muxía e Vimianzo
A serie de comidas solidarias comezan este sábado 4 de outubro ás 14:00h no pavillón de Cee. A comida é a cargo de Casa Taboada e o prezo é de 40€. Aínda se poden reservar praza ata no 666 788 400 ou no 651 429 920.
Para o domingo 5 xa toca a Comida Solidaria da familia muxiá, que se desenvolverá no Restaurante A Lagoa de Vimianzo. Os prezos son de 35 € (adulto) e 15 € (infantil ata 10 anos), e poden reservar no 649 341 383 ou no 686 20 44 33.
A Comida Solidaria de Vimianzo queda para o vindeiro domingo 12 de outubro, de novo ás 14:00h na Lagoa, cun prezo de 40 € (adulto) e 15 € (infantil ata 12 anos). Poden reservar no 615 99 41 13, ou no 637 08 31 88.
As Andainas de Cabana e Carballo
Xa o sábado 18 de outubro, a AECC cambia a mesa polas zapatillas, coa Andaina Solidaria de Cabana de Bergantiños en marcha contra o cancro. A saída será ás 16 horas desde a Praza do Pendón cun percorrido de 5,6km, polo paseo ata o Monte de San Sebastián e regreso. O prezo é de 5 € adultos e 3 € para crianzas ata 12 anos.
A de Carballo será o domingo 19 de outubro, con saída ás 11:00h dende a praza do Concello, cun percorrido de 5 km e o mesmo prezo.
As inscricións poden realizarse, ata o 16, na web enmarcha.contraelcancer.es.
Tamén hai Dorsal Solidario para quen non poida ir pero queira doar, dende a web.