Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Tribunal Supremo obriga, por fin, ao Sergas a poñer a categoría de celador no Hospital de Cee

Celadores en loita no Hospital de Cee
Imaxe dunha concentración dos traballadores do HVdX pola creación da categoría de celador en 2019
O Tribunal Supremo obriga, por fin, ao Sergas a poñer a categoría de celador no Hospital de Cee

”Levamos moitos anos de xulgado en xulgado, polo que estamos super contentos”. Así valoran os traballadores do Hospital Virxe da Xunqueira, a sentenza da Sección Cuarta do Tribunal Supremo que insta ao Sergas, na maior brevidade posible, a poñer a categoría no Hospital ceense.

Un Hospital que é, ata o día de hoxe, o único Hospital de Galicia que non ten celadores”.

Foron 51 os traballadores do centro hospitalario costeiro que asinaron denuncia tras denuncia, recurso tras recurso, para solventar unha eiva histórica, arrastrada dende a súa fundación en setembro de 1997, que os obrigaba a cumplir funcións que non lles correnpodían, repercutindo directamente na atención aos pacientes.

A sentenza “recoñece aos recorrentes o dereito a desempeñar as funcións propias das súas categorias tal como resultan dos estatutos vixentes, dentro das que non inclúen as propias da categoría de celador consistentes no traslado de enfermos”, así como “ordenar ao Sergas que adopte á maior brevidade as medidas necesarias para poñer fgin á situación existente a este especto no HVdX”.

Os 51 denunciantes, convertidos en auténticos salvadores da Sanidade Pública, esperan que o HVdX deixe de ser tratado como un “Hospital de 2ª”.

Novas relacionadas

Comentarios