Domingo. 16.06.2019
El tiempo

Un 40% dos nenos de Carballo probaron o alcohol aos 8 anos… cas súas familias

Un 40% dos nenos de Carballo probaron o alcohol aos 8 anos… cas súas familias
Directivas e tecnicas de Vieiro Directivas e técnicas de Vieiro fixeron un interesante informe

Moi interesante o informe que vén de realizar a asociación Vieiro entre alumnos de educación Primaria do Concello de Carballo. No marco do programa “Constrúe”, vén de presentar un estudo, a raíz dun cuestionario realizado aos escolares, sobre os primeiros consumos nesta etapa escolar. Un informe que deixa conclusións complicadas, sobre todo no caso do alcol, que, en todo caso, hai que tomar con cautela pois algunhas das respostas poden estar influenciadas por desexabilidade social.

Alcohol

Con respecto ao alcohol, Vieiro observa que que máis da metade do alumnado de 5º e 6º de E. Primaria afirman non haber ter contacto con esta substancia. Con todo, existe case un 40% que probou a substancia a unha idade aproximada de 8 anos. Tamén detectan unha pequena porcentaxe que afirma consumila unha vez ao mes.

Dende Vieiro ratifican que o patrón de consumo é o mesmo que hai 10-20 anos: en compañía da familia e en nun ambiente festivo. “Este tipo de actitude permisiva fronte ao consumo de alcol así como a súa normalización potencia a aparición de futuros consumidores, xa que se tende a repetir comportamentos que se entenden como normais dentro da contorna máis próxima”, explican con preocupación as técnicas de Vieiro.

Vieiro considera alta a porcentaxe de nenos que proban o alcol polo que inciden en que “non debemos de descoidar o labor preventiva e a responsabilidade da contorna familiar, social e educativo, alicerces fundamentais no desenvolvemento evolutivo e psicolóxico dos menores”.

Tabaco

No caso do tabaco a porcentaxe dos que han ter contacto coa substancia é moito menor, non chegando ao 4%, e sitúase nunha idade media de 8 anos. Detéctase unha pequena porcentaxe de alumnos/as que afirman consumilo unha vez ao mes. Neste caso o patrón do primeiro consumo é diferente ao do alcol, xa que se fai ás agachadas só ou en compañía dun amigo ou grupo de iguais.

Á a vista destes datos, a asociación Vieiro móstrase satisfeita xa que case a maioría do alumnado encuestado (96%) afirma non consumir nunca tabaco, véndose así os resultados do labor preventiva dos centros educativos realizada durante tantos anos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios