Unha Andaina Solidaria para reforestar con autóctonas… e para frear a caza do raposo
11:07 24/01/19
- O executivo de Carnota rexeita o campionato de caza de raposo que queren realizar este sábado nos montes de Muros e Carnota.
- A caza do raposo, no punto de mira.
Viñeta sobre a caza do raposo de Eres Curioso
Apenas quedan 3 días que os montes de Muros e Carnota reciban o XXIV “Campionato” Galego de Caza do raposo. Algo que sabemos a través das organizacións animalistas, porque as entidades convocantes non publicaron absolutamente nada na rede, e nin sequerea pediron permiso aos concellos. E iso que xa amosaron o seu total rexeitamento, primeiro foi o executivo de Carnota, e estes días tocoulle ao Concello de Muros, que lamentan que “non precisan permiso municipal, de aí que non o pedirán, pero é que nin siquera comunicaron que o ían facer, o que xa me parece o colmo”, valora a alcaldesa de CxG María Xosé Alfonso.
Invitación oficial ao Campionato de Caza do Raposo de Carnota
”Non apoiamos ningunha actividade que supoña sufrimento nin matanza de animais. Non denegamos nada porque tampouco solicitaron nada ao concello de Muros. O único coñecemento oficial que temos deste campionato é un convite que nos enviou hoxe a Federación de caza e non imos ir”, explica Alfonso, ensinándoso unha invitación que pasa por ser o único documento oficial que corrobora a calebración do campionato nos terreos das Sociedades de Caza San Juan de Serres e Cinexética Carnotana.
Ao seu carón sitúase o alcalde de Carnota, que como o seu grupo municipal e mais o BNG de Muros son dos poucos grupos políticos da comarca que manifestaron o seu claro rexeitamento. Tamén o fixeron a nivel galego os grupos parlamentarios de Podemos Galicia, Marea Atlántica y Compostela Aberta, e a loita contra a celebración deste “trofeo” está comezando a coller máis e máis apoios.
Son moitos tamén os colectivos que pelexan contra estas “matanzas”. A Asociación Libera a nivel estatal, ou entidades locais como a Asociación Anajata, Boca de Sapo, ou A Asociación Monte Pindo Parque Natural, que queren desmarcase dunha práctica que consideran “nin ética, nin tradicional, nin democrática”. A entidade critica que os argumentos da Xunta para apoiar esta “masacre indiscriminada, gratuíta e inútil” se basean nun estudo científico que ten máis de 10 anos, realizado ademais polo que agora rexeita o posto de vicepresidente da Federación Galega de Caza.
Tamén anda Free Fox polo camiño, que vén de convocar concentración contra as matanzas de raposos para o domingo ás 12:00 no Obelisco da Coruña.
