Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Unha gabarra encalla nas rochas do Reira

Unha gabarra encalla nas rochas do Reira
Gabarra encallada nas praias de Reira-Camarinas-Foto-Marcos Bana

Falamos dun dos grandes puntos negros de naufraxios da Costa da Morte. As rochas do Reira, entre Camelle e o Cabo Vilán, por esa marabillosa pista de terra que une ambos puntos. Esta mañá, o lugar volvía amencer salpicado por unha mala nova. Unha gabarra encallaba nas rochas camariñás.

Trátase dunha gabarra que cargaba terra, sen tripulantes a bordo, que metres era levada por un remolcador que perdeu o control e acabou nas rochas.

Todo acontecía cando o buque West con 6 tripulantes a bordo (Antillas Holandesas), que estaba remolcando á gabarra Prima de 105 metros de eslora desde Odesa a Riga, alertou a última hora da tarde de onte a Salvamento Marítimo de que lle fallou o cabo de remolque cando se atopaba a 15 millas de Cabo Touriñán.
O West, de 40 metros de eslora, volveu dar remolque á gabarra sen éxito, xa que ás 01.02 horas de hoxe informou de que se rompeu o cabo de remolque e este enredouse na hélice, co que se atopaba.

O Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo situado en Fisterra xa mobilizara ao Don Inda para asistir á gabarra que derivaba cara á costa. Desde o CCS en Finisterre optouse finalmente por prestarlle remolque ao West en aras de poñer a salvo aos 6 tripulantes, o que impediu finalmente remolcar tamén á gabarra.
As operacións resultaron complexas xa que era de noite e as condicións meteorolóxicas na zona eran adversas con ventos do Oeste forza 7 a 8 (51-74 km) e olas de 4 a 5 metros.

Poden ollar as boas fotos que botou Diego Alonso para camarinas.eu.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios