Xoves. 25.04.2024
El tiempo

150 quilos de percebe incautados en Malpica

150 quilos de percebe incautados en Malpica
O percebe malpican foi interceptado no porto de Malpica

Novo ataque contra o furtivismo na Costa da Morte. Axentes da Garda Civil de Arteixo, Corcubión e Ponteceso levaron a cabo, esta madrugada, un operativo contra o furtivismo no Porto de Malpica e lograron incautarse de 150 quilos de percebe. Os gardas identificaron e denunciaron a cinco persoas, como supostos autores de cometer unha serie de infracciones recolleitas na Lei de Pesca de Galicia e noutra lexislación concernente á materia.
Todo apunta a que o percebe foi extraído ilegalmente no dique do Porto Exterior da Coruña.

Xunto co marisco incautado, os gardas tamén interviñeron unha embarcación fueraborda, co seu motor e remolque, varios equipos autónomos de buceo e un turismo que foron postos a disposición das autoridades da Consellería de Medio Rural e do Mar. O marisco incautado foi entregado baixo recibo no banco de alimentos da cidade herculina.

Novas relacionadas

Fonte

  • GC.

Comentarios