Unha tonelada de solidariedade no CEIP de Sofán

No colexio de Sofán, teñen a solidariedade por bandeira 365 días ao ano. Así o demostraron ao longo deste ano 2013 no que continuaron e mesmo aumentaron as campañas de reciclaxe e recollida de alimentos e xoguetes con fins benéficos. A idea, a de ensinar e coidar o medio ambiente, inculcándolle ás nenas e nenos, do noso colexio e indirectamente as súas familias valores bos e positivos nestes tempos difíciles para unha mellor convivencia en sociedade.

Dende comezos de ano, o centro está a recoller tapóns para a Lola , na campaña “para que Lola consiga alcanzar ela soa o seu caramelo“. Grazas á repercusión mediática a iniciativa popularizouse e durante o curso 2012-2013 axudaron outros colexios, coma o CEIP Bormoio - Agualada, Coristanco. Ambos os dous colexios recadaraon un total de máis de unha tonelada de solidariedade para Lola.
>Este ano seguen a recolleitar con moi boas expectativas, esperando incluso superar as cifras do curso pasado...

Tamén neste Nadal errincaron con dúas campañas novas no centro; como son a de recollida de xoguetes e comida co fin de doarllos a Cruz Vermella, para que o reparta entre os máis necesitados.
En escasos 30 días foron capaces de recolleitar 160 kilos de alimentos e mais de 350 xoguetes para este fin de ano.

E tamén continúan, como en anos anteriores, a recoller aceite usado, na campaña iniciada con REAVE no Concello, na que o ano pasado quedamos na segunda posición de todos os centros de Carballo. De igual forma teñen a disposición de todos os vecinos, alumnado, nais e país contenedores de pilas e toner usados.

Todo un exemplo de como a solidariedade e o coidado do medio ambiente non é unha cousa só de Nadal.

Novas relacionadas

Novas solidarias

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).