As asociacións de Vimianzo únense nunha Plataforma Solidaria


Moitas son as accións solidarias que se están a desenvolver estes días en diferentes lugares da Costa da Morte e Vimianzo non quixo quedar atrás. Varias asociacións de todo o concello xuntáronse este Nadal nunha Plataforma solidaria co fin de desenvolver unha campaña de cara a estas festas, que permitan ás persoas con menos recursos desafogar un pouco as súas cargas económicas. Dúas son as acción fundamentais desta campaña.
Por un lado unha recollida de alimentos non perecedeiros que se está a levar a cabo nos lugares sinalados en centros de ensino, igrexas, asociacións, etc. Esta recollida de alimentos, que serán levados á sede de Cáritas que se encargará de repartir entre as persoas máis necesitadas que os requiran alí.
Todos os alimentos que se consigan serán expostos na Casa da Cultura por outro un Festival benéfico que terá lugar o domingo día 29 de decembro ás 19 horas na Casa da Cultura de Vimianzo. Para este festival cobrarase unha entrada simbólica de 2,€ e diferentes grupos e asociacións colaborarán para que se poida levar a cabo: O grupo de baile Airiños do Río Grande, o grupo de baile Foliada de Salto, os gaiteiros O Revoltixo da Asociación San Martín de Carantoña, a Asociación Cultural Trubisquiña de Vimianzo, os acordeonistas Aserrín e viruta de Pasarela e o grupo da escola municipal de aeróbic, realizarán diferentes actuacións nun festival presentado polos coñecidos Ghañan Style, que tamén quixeron colaborar nesta iniciativa.

O Comercio colabora
Tamén o comercio local colabora coa Plataforma de asociacións doando pequenos agasallos para o festival, ao igual que pode colaborar calquera particular que así o desexe. Estes obsequios dos comercios transformaranse en daozón económica xa que os organizados venderán rifas a 1,€ os días previos e o mesmo día do festival para poder participar no sorteo dos agasallos, que será un sorteo presencial o domingo 29 durante a celebración do Festival. Todos os cartos recadados tanto coa venda de entradas coma coas rifas será entregado a Cáritas Vimianzo, que se encargará de administralo para subsanar as necesidades das persoas con menos recursos do concello.
Colaboración da veciñanza
Todas aquelas persoas que queiran colaborar coa Plataforma, axudándolle á organización en calquera das iniciativas sinaladas, poden poñerse en contacto co Departamento de Promoción económica do Concello de Vimianzo.
Tamén o Ximnasio Municipal organizou unha acción solidaria o pasado sábado, na que recadaron 320,€ que doaron a Cáritas Vimianzo a través da venda de camisetas patrocinadas por Induplan. Arredor de 20 usuarios e usuarias do Ximnasio Municipal percorreron a vila coas camisetas e remataron a xornada cunha chocolatada patrocinada por Celme Café.
Novas relacionadas
Novas solidarias
- O Instituto Solidario.
- 20 familias de Malpica reciben axuda en forma de alimentos.
- En Carnota xa non queda cativo sen xoguete.
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- Íntegro animou aos alumnos de Baio a sacarse o Pasaporte Solidario.
- Solidariedade por deporte en Carballo.
- Camariñas adica o seu Mercadillo Solidario de Nadal a Filipinas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).