Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Polo Nadal, en Laxe xogamos todos

Polo Nadal, en Laxe xogamos todos
Campana solidaria Xogamos polo Nadal 2013 en Laxe

Durante a vindeira fin de semana, en concreto os días 13 e 14 de decembro, terán lugar as dúas primeiras citas culturais coas que se dará apertura á programación de Nadal. Un Nadal que vén marcado pola campaña "Xogamos", de recollida solidaria de xoguetes, e por un completo programa pensado para nenos e maiores.

Xogamos?

"Xogar é un dereito, non un privilexio". Así é o título da campaña que deu comezo onte no concello de Laxe, repetindo a experiencia do 2009 pasado e nunha iniciativa semellante á de Carnota. Esta 2ª campaña de recollida de xogos, xoguetes e libros durará ata o 17 de xaneiro e terá o seu punto de recollida na Casa do Concello de Laxe.

O material colleitado se entregará entre as familias necesitadas de Laxe a través da Cruz Vermella e de Cáritas, e o sobrante irá para as familias desfavorecidas de Carballo. Unha vez cubertas as demandas locais, levará o material sobrante Ecodesarrollo Gaia.

Arrinca o Programa con charla e panxoliñas

De feito, esta fin de semana, a primeira destas actividades consistirá nunha Conferencia que terá lugar este venres 13 de decembro ás 20:30 horas no Salón de Actos Municipal de Laxe e que leva por título: “Petróleo: Poder, economía e medio ambiente". Un acto, que contará con dous letrados e recoñecidos conferenciantes: Emilio Menéndez (Enxeñeiro de Minas e Profesor da Universidade Autónoma de Madrid) e Carlos Taibo (Profesor tamén da mesma universidade).
Ademais, o sábado día 14 de decembro, coma vén sendo tradicional no Concello de Laxe, terá lugar a X Festival de Panxoliñas que organiza o concello en colaboración coa Asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe e a Deputación da Coruña. Este ano participarán no programa a Coral Polifónica de Bergantiños (chegada dende Carballo) dirixida por Dona Gloria de los Ángeles Pardines Rojo e a nosa Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, dirixida por vez primeira neste festival por Don Isidro Caamaño Trillo.
Ambas corais, deleitaránnos cun programa composto por diferentes pezas musicais que na súa maior parte serán panxoliñas, máis ou menos coñecidas, tan propicias e típicas nestas datas do nadal. O acto terá lugar, como en anteriores edicións, na Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe ás 19:30 horas.

Completo Nadal

Nadal Cultural en Laxe 2013

Novas relacionadas

Outros programas de Nadal

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Comentarios