Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Os pequenos de Sofán son os reis bombeiros

Os pequenos de Sofán son os reis bombeiros

Doble sesión a que nos chega hoxe dende o CEIP Gándara de Sofán. A primeira, en clave de bombeiros, pois o pasado venres foron os bombeiros de Carballo os que se achegaron ao centro bergantiñán para facer un simulacro en tempo real.

Os cativos, que non estaban avisados, quedaron abraiados, pero acabaron pasándoo bomba. Como tamén pasara nos Muíños, foron rescatados polas ventás (e a mestra de 2º de primaria tamén), rubiron ao camión, e mesmo sufriron as consecuencias da máquina do fume utilizada para que todo parecera máis real.

En definitiva, unha moi boa forma de empezar o último mes de clase para @s [email protected] de Sofán!!

Que é un rei para os pequenos de Sofán?

E curioso o certame de debuxo que atrellou o MUPEGA nestes tempos: "Que é un rei para ti" trataba de recoller os debuxos de nenos de todo o país para representar como é a imaxe que teñen estes do Rei de España.

E o pequeno artista de Sofán, David Muiño Pena, de 4º curso, quedou entre os cuarenta finalista de toda Galicia, coa súa visión clara: "O Rei é unha persoa que coida o país".
O pasado luns foron a recoller o seu premio a MUPEGA en Santiago de Compostela e foi moi emocionante.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CEIP de Sofán.

Comentarios