O Instituto Solidario

09:57 17/12/13

Xa está en marcha o proxecto “Agra Solidario, por todo@s e para tod@s”. Unha iniciativa que nace no seo do IES Agra Raíces coa clara intención de axudar aos máis necesitados e de educar en solidariedade.
Na proposta participa toda a comunidade educativa, dende o alumnado, ata os pais pasando polos mestres. Pero tamén conseguiron implicar ao sector servizos, empresarial e industrial e os medios de comunicación.
No día de onte, luns 16/12/2013, tiña lugar a inauguración do Rastro Solidario, coa presenza dos organizadores, ANPA, Dirección e Profesorado. As vendas foron moi boas ao longo da mañá e esperan que ao longo da semana este rastro consiga moitos fondos ao longo da semana, pois estará aberto ata o venres.

Máis cousas
Pero ademais, hai moitas outras cousas en marcha para este curso:- No primeiro trimestre: Recollida de alimentos non perecedoiros.
- No segundo trimestre: Marcha ciclista.
- No terceiro trimestre: Carreira pedestre. E Bolsas aos mellores expedientes de cada curso.

Novas relacionadas
- 20 familias de Malpica reciben axuda en forma de alimentos.
- O Agra Raíces educa en solidariedade.
- En Carnota xa non queda cativo sen xoguete.
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- Íntegro animou aos alumnos de Baio a sacarse o Pasaporte Solidario.
- Solidariedade por deporte en Carballo.
- Camariñas adica o seu Mercadillo Solidario de Nadal a Filipinas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).