Venres. 26.04.2024
El tiempo

Varias entidades participan no I Foro de desenvolvemento rural Costa da Morte

Varias entidades participan no I Foro de desenvolvemento rural Costa da Morte
Os participantes do Foro de Desenvolvemento Rural fixeron unha diagnose da situacion actual Os participantes do Foro de Desenvolvemento Rural fixeron unha diagnose da situacion actual Distintas entidades da bisbarra participaron o pasado venres no I Foro de desenvolvemento rural Costa da Morte que tivo lugar no centro sociocultural de Baio e que estivo organizado polo GDR - Grupo Desenvolvemento Rural - Costa da Morte. Manuel Muíño Espasandín, presidente do GDR foi o encargado de presidir o Foro no que máis de 45 persoas, representando aos concellos, institucións, asociacións, e outras entidades do territorio, e tamén persoas a título individual, participaron no mesmo. Este Foro supón a apertura pública do proceso de elaboración da estratexia de Desenvolvemento Local Participativo - EDLP -, para o vindeiro período de programación 2014-2020, para o Programa Leader do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. O principal obxectivo desta reunión consistiu en realizar unha reflexión diagnóstica sobre a situación actual do territorio atendendo ás problemáticas e retos que definirían o futuro desenvolvemento das zonas rurais. Entre as principais achegas que se formularon, falábase da necesidade de promover iniciativas que contribuíran á diversificación de actividades económicas no territorio, aproveitando as potencialidades do sector primario, o amplo patrimonio e recursos naturais da zona. Tamén se reforzou a necesidade dunha imaxe de marca propia, dunha identidade territorial da Costa da Morte, co obxectivo de facer á zona máis visible. Dentro deste proceso, tamén se celebrarán unhas xornadas de traballo con mesas sectoriais, nas que o principal obxectivo será definir a proposta estratéxica de actuación, marcando os obxectivos e liñas de actuación do Plan. Estas reunións celebraranse o vindeiro 18 e 19 de maio, en Vimianzo e Buño, sendo abertas para calquera persoa ou entidade que queira participar. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios