Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os Vendedores Ambulantes levan 9 concellos costeiros ante a Valedora do Pobo por incumplir o DOG

Posto de roupa no Mercado Dominical de Cee
Posto de roupa no Mercado Dominical de Cee
Os Vendedores Ambulantes levan 9 concellos costeiros ante a Valedora do Pobo por incumplir o DOG

Son moitos os concellos da comarca, e de toda Galicia, que decidiron suspender os mercadillos, as feiras. Outros, como Carballo ou a Laracha os manteñen activos, con restricións e medidas anti covid.

Unha situación que evita movementos e risco de contaxio, pero tamén provoca a paralización dun sector que leva arrastrando unha situación tremendamente problemática dende hai case un ano.

A realidade é que o DOG do 26 de xaneiro permite a celebración de "mercados ao aire libre de venta non sedentaria”, pero a decisión de 90 concellos segue a ser a da prudencia. Entre eles Camariñas, Cabana, Cee, Laxe, Malpica, Muxía, Muros, Vimianzo e Zas, que segundo a Plataforma Galega de Comercio Ambulante, “non cumplen co DOG”, como si fan, por exemplo, Carballo ou A Laracha.

Ante esta negativa dos concellos de reactivar os mercadillos e as feiras, a Plataforma presentou unha queixa contra eses 90 concellos ante a Valedora do Pobo. “Tras diversas Xuntanzas cos Concellos que seguen anclados no NON. Vémonos na necesidade de solicitar "Amparo Institucional" para defender o noso dereito ao traballo. Esiximos que por favor nos deixen traballar tal cual as restriccións sanitarias impostas no D.O.G”, aseguran dende a Plataforma, agradecendo que a Valedora admita a trámite a queixa.

A Plataforma lembra que a situación está “levando á ruína absoluta a 2.000 familias que dependen en Galicia, exlusivamente, do Comercio Ambulante neste tipo de mercados/feiras”. Lamentan “o esquecemento das Autoridades Municipais” e lembran que “ao non ter decretado o peche da nosa actividade por Sanidade, non temos axudas específicas para o sector, pagamos impostos por 30 días, e déixannos traballar 10. Non sabemos se mañán imos poder ir a traballar, moitos Concellos avisan con menos de 24 horas de antelación”, explican ademais.

Comentarios