venres. 14.11.2025
El tiempo

Detida unha vimiancesa polo roubo de dous aneis nun domicilio

Anel roubado en Ponteceso
Un dos aneis roubados en Ponteceso
Detida unha vimiancesa polo roubo de dous aneis nun domicilio
Detiña unha vimiancesa polo roubo de dous aneis nun domicilio A Garda Civil do Posto de Ponteceso investiga a unha muller como presunta autora de un delito de furto. Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil en Ponteceso, comunicando que autor ou autores descoñecidos subtraeran dous aneis de ouro, valorando ambos en 1.000 euros e 400 euros en efectivo da súa vivenda.

A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos feitos, a recuperación delos efectos subtraídos e a identificación do autor ou autores no seu caso.

Tras a análise da información solicitada, os gardas civís actuantes lograron a identificación da presunta autora do ilícito, resultando ser unha veciña de Vimianzo que realizaba labores de asistencia no fogar da vítima e a localización das xoias subtraídas.

Tras coñecer a identidade da presunta responsable, a Garda Civil procedeu á investigación desta persoa e á recuperación dos efectos furtados, sendo estes restituídos aos seus lexítimos propietarios.

Comentarios