Domingo. 25.09.2022
El tiempo

Vieiro renova o seu servizo de dar respaldo xurídico

Vieiro renova o seu servizo de dar respaldo xurídico
convenio-xuridico-vieiro convenio-xuridico-vieiro Xosé Mª Arán Rodríguez - da asociación Vieiro - e Jesús Osorio López - subdirector xeral de Asistencia Sanitaria da consellería de Sanidade - veñen de asinar o convenio para a realización do programa "Axuda xurídica ao toxicómano, menor e familias". O principal obxectivo deste convenio é continuar co dispositivo que a asociación Vieiro ten implando para atender a problemática xudicial do toxicómano. A súa finalidade é orientar e asesorar a toxicómanos e familias sobre temas xurídicos, administrativos, civís ou sociais facilitando medios humáns e materiais, promovendo a axuda xurídica a toxicómanos detidos, facilitando información axeitada sobre problemas xudiciais pendentes ou calquera outro trámite ante calquera administración ou organismo e proporcionando a través de recursos públicos ou privados acreditados alternativas para as demandas de cumprimento de medidas de seguridade, remisión condicional de pena ou cumprimento de condeas en centros terapéuticos baseándose nun pilar de actuación único, facilitar información xurídica policial e carcelaria veraz, confidencial e anónima co fin de que as persoas que presentan gran adicción dispoñan dunhas garantías tanto na súa relación coa xustiza, como na asistencia a xulgados, comisarías ou cárceres. Este convenio abarca as comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios