Venres. 19.04.2024
El tiempo

A vila suiza de Moutier elixiou independizarse do Cantón de Berna

A vila de Moutier coas bandeiras do Canton de Jura
A vila de Moutier coas bandeiras do Cantón de Jura tras vencer o referendum
A vila suiza de Moutier elixiou independizarse do Cantón de Berna

A vila suiza de Moutier, de tan só 8.000 habitantes (entre eles moit@s galeg@s e costeir@s) e ata onte pertecente ao Cantón de Berna, viviu este domingo a súa particular independencia. Votaron un referendum vinculante pola a súa integración no Cantón de Jura.

Finalmente, con case o 55% dos votos (2114 si, polos 1740 do non), a vila pasa a formar parte do Cantón de Jura, coa alegría desatada nas rúas.

Reafírmase así unha demanda histórica, que vén xa dos anos 40, e da posición de abuso de poder do cantón da capital do estado helvético. En 2017, de feito, tamén se realizara un referendum, no que tamén gañara o Si (por moi pouco), pero un recurso dende a capital, que non se quere desprender dunha vila pequena pero moi industrializada, botara abaixo todo o proceso de votación. Desta volta parece que non presentarán recurso.

Houbo que volver a votar e a veciñanza de Moutier, por fin, séntense parte do seu Cantón. Agora ademais, terá máis peso político no seu novo Cantón, do que pasa a ser a segunda vila máis grande.

Agora quedan un proceso de separación e integración por fases, que culminará en 2026.

"Vailles cambiar a vida moito aos costeiros de Moutier", explica o xalleiro Xosé Abelenda, ex voceiro do BNG de Suiza, un dos militantes da integración no cantón de Jura. "Van gañar dereitos políticos, en asuntos electorais que ata o de agora están vetados. Ademais, van gañar peso no novo cantón".

Novas relacionadas

Comentarios