Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A xenebra galega que arrasa na Costa da Morte

Tinkle Apple Gin
A xenebra galega que arrasa na Costa da Morte

Non son bos tempos, a pesar do verán, para a hostalería da Costa da Morte. Pero esta temporada si que podemos darnos un respiro cun trago singular. A nosa bisbarra é unha nas que está triunfando a nova xenebra de mazá, The TiNkLE Apple Gin. Unha bebida que se fai no Carballiño por Destilerías Miño, con auga do Paraño e mazás da Estrada, que está arrasando xa en máis de 50 establecimentos da comarca.

Desde as terrazas-chillouts máis modernos, ata os restaurantes máis tradicionais están ofrecendo esta singular bebida, e hai algún, como A de Loló de Muxía que o ofrece mesmo como sobremesa.

Baio, Laxe, Brandoñas, Carballo, Camariñas, Laxe, Muxía, O Ézaro, Vimianzo, Santa Comba, Fisterra, Cabana, Corcubión, Lires, Cee… xa sucumbiron ao seu encanto.

Así nolo conta Eloy Fariña, cabanés da Tilleira e promotor de Scheppes para a comarca. “É curioso porque co COVID e as restriccións todos os establecimenbtos están bastante cerrados á hora de probar algo novo, e soen ir ao seguro, pero con esta xenebra, a verdade que pasa o contrario”. “Penso que e unha boa nova para a hostelería da Costa da Morte sendo un verán tan complicado”. 

Fariña explica que "comercialmente o porqué está triunfando por varias razóns: non só fas un bo ginTonic, cunha rodaxa de mazá que lle queda ben; con Gingerale fas tamén unha sobremesa que é unha larpeirada. Cunha folliña de menta ou “yerbabuena” bébese como si fora auga; e con bitterkas fas un moi bo aperitivo". Ademais, explica que o sabor a mazá é un clásico do "norte da península, onde se vende o 80'% do Trina ou Kas de mazá dende sempre".

Comentarios