Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xenebra prepárase para celebrar o Entroido galego con Dj Rokiño

Carnaval galego en xenebra
Xenebra prepárase para celebrar o Entroido galego con Dj Rokiño

A Irmandade Galega na Suiza ultima os preparativos para acoller o vindeiro sábado 4 de marzo a maior festa de entroido organizada no país helvético. Unha noite na que non faltará o gran concurso de disfraces, a presentación da nova canción do exitoso Dj Rokiño e os ritmos máis bailables nun festival de verán a cargo da Orquestra Olympus.

A entidade xa esgotou as preto de 500 entradas para a cea-baile pero aínda quedan entradas dispoñibles para gozar do espectáculo e do baile. A sala Palladium, con capacidade para 1.000 persoas, será o escenario perfecto para esta celebración, para a que xa están confirmadas unhas 700 persoas.

Se che gusta a tradición, a cultura, o entroido e a festa galega, aínda estás a tempo de conseguir unha entrada para gozar dunha velada coa comunidade galega residente en Suíza que che fará sentir como "na terriña”.

Xa están as extradas aquí á venda.

Comentarios