Xosé María Lema Suárez repasa a toponimia dos enclaves importantes do Camiño a Muxía
Vén de publicar Xosé María Lema Suárez na web da Real Academia Galega un completo estudio sobre a toponimia do Camiño de Santiago a Muxía. Trátase da súa comunicación no Simposio Internacional "Os camiños de Santiago de Europa a Galicia: lugares, nomes e patrimonio", celebrado en Santiago do 21 ó 23 de setembro de 2022.
Despois de arrincar no Obradoiro, pasar pola Ponte Maceira e Altamira, a primeira parada toponímica que fai na Costa da Morte é en Brandomil. Lema Suárez fai unha completa análise deste lugar tan simbólico e importante en todas as épocas.
Fai parada e fonda tamén en Limideiro, analizando tamén a orixe do topónimo e contando a historia do Pozo (de) Limideiro, “onde se acabaría formando unha lagoa no sitio onde antano houbo escavacións mineiras, auríferas e estanníferas”.
Para tamén en Brandoñas, Baíñas, Berdeogas e Berdoias, para pasar xa a Ozón, Moraime e a propia vila de Muxía, sen esquecer a importancia do lugar de Cereixo.