Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Este xoves AFIPRODEL presenta o proxecto Ciencia no Camiño

Ciencia no Camino de Afiprodel
Este xoves AFIPRODEL presenta o proxecto Ciencia no Camiño

Este xoves 18 de marzo, terá lugar a presentación telemática do novo proxecto “Ciencia no Camiño”. Un proxecto para avaliar as posibilidades da divulgación científica  como unha oportunidade de desenvolvento rural, artellada pola AFIPRODEL, en colaboración co Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo) e a Fundación Uxío Novoneyra. E como non podía ser doutro xeito, vindo desta entidade que tanto arraigo ten na nosa comarca, trae actividades formuladas para ser desenvoltas en Vimianzo, Fisterra e Carnota.

A partir das 10.30, Dolores Pena, presidenta de Afiprodel, e Uxío Novo, da fundación Uxío Novoneyra, farán a presentación, para que a partir das 12:00h comeza unha discusión entre Lourdes G. Sotelo, profesora do CPI Uxío Novoneyra do Courel; Manuel Vicente, divulgador científico e responsable do programa Efervesciencia da Radio Galega e a USC; e Martín López Nores, enxeñeiro e tecnólogo implicado en proxectos científico-humanistas e científico-turísticos.

Cómpre confirmar asistencia en [email protected] e pinchar aquí para velo en streaming.

Comentarios