Venres. 04.10.2024
El tiempo

300 alumn@s despediron cun gran festival o curso da Escola da Rúa de Carballo

300 alumn@s despediron cun gran festival o curso da Escola da Rúa de Carballo
Festival da Escola da Rua de Carballo

Continúan baixando o telón as Escolas de Música da bisbarra. Desta volta foi a carballesa Escola da Rúa a que celebrou, o pasado venres, na praza do concello, o festival de música e danza de fin de curso. Durante as case 4 horas de espectáculo, pasaron polo escenario os máis de 300 alumnos de música e danza da Escola.

O concerto foi alternando coreografías dos alumnos de Baile Moderno e Sevillanas e música instrumental e vocal por parte dos alumnos de Música e Movemento, guitarra española, guitarra eléctrica, baixo, piano, batería e canto.

Os temas elixidos foron moi variados en estilos. Soaron temas como Valerie de Amy Winehouse, Inmortal de La Oreja de Van Gogh, Slow Hands de Niall Horan, Cuanto me duele de Morat, Wrecking ball de Miley Cirus, Faded de Alan Walker, Issues de Julia Michaels, Un milagro de María Parrado, Alas de Soy Luna, El sitio de mi recreo de Antonio Gala, You gotta be de Des'ree, Because the night de Patti Smithe Group, Rolling in the deep de Adele…

Todas estas cancións e máis, están recopiladas nun disco que gravan no estudio da Escola os alumnos e os profes cada fin de curso.

Ambiente no Festival da Escola da Rua de Carballo Ambiente no Festival da Escola da Rua de Carballo

Exames “Rockschool”

Ademais, estes luns e martes, 2 e 3 de xullo parte dos alumnos de música da Escola examinaranse no propio centro para adquirir a titulación “Rockschool”, de canto, piano, guitarra e batería. Titulación coa que conta a escola desde fai tres anos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-rock-sae-da-escola-a-rua-en-carballo/

Comentarios