A #AxendaCostadaMorte chega en clave feminista e gastronómica
07:01 03/03/16
A primeira #AxendaCostadaMorte do mes de marzo trae dous protagonistas moi especiais. O primeiro, os distintos actos que se celebrarán ao longo e ancho da Costa da Morte para conmemorar o día da Muller que será o vindeiro 8 de marzo. O segundo dos protagonistas son os bolos do pote de Mazaricos que este ano cumplen a sua maioría de idade. Unha festa na que a tradición manda. E se houbese que elixir un terceiro protagonista da #Axenda desta fin de semana sería o tempo, que segundo indican dende 4gotas.com virá marcado polo frío e pola alerta laranxa no mar.
"Hoxe será un día gris en xeral, con bastantes chuvias e vento forte do noroeste. Pola tarde as ondas superarán os seis metros. O resto da fin de semana continuará a chuvia e o vento, aínda que en menor medida. Mañá predominarán os chuvascos durante gran parte da xornada - menos na tarde - o vento amainará. Xa o domingo os chaparróns serán máis espaciados no tempo, pero aínda estarán presentes. Será unha fin de semana un pouco menos fría que a pasad con máximas de 11 a 12 graos e mínimas na costa nos 8 e baixando ata os 6 no interior".
Actos previos ao día da Muller
- I Gala Solidaria do Día da Muller. A Organización Feminista Buserana organiza este evento que terá lugar mañá, a partir das 19 horas, na casa da Cultura de Cee. Mulleres da contorna darán a coñecer as súas vidas durante a gala onde tampouco faltará a música nin a a danza. Ademais, a ONG Implicadas no Desenvolvemento realizará unha viaxe ata o seu traballo de cooperación con mulleres da India, nun documental cun título que debería ser premonitorio “Cambia de Papel”.
- Cee: Hoxe o auditorio municipal de Cee acolle hoxe pola mañá unha dobre sesión con Pedro Brandaríz. O cómico e monologuista represetará o seu espectáculo “O Xénero con Humor”, dentro do Programa de Actividades que desenvolve o CIM de Cee para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. Realizará dous pases do seu monólogo para estudantes de 3º e 4º da ESO, ás 10:00 e ás 11:15 respectivamente.
- Laxe: As actividades comezan o vindeiro sábado, 5 de marzo, ás 18 horas na praza Ramón Juega. Alí terá lugar unha sesión de “zumba” impartida por mulleres na que poderá participar todo o público que o desexe. Xa o domingo, 6 de marzo, o salón de actos municipla acollerá un faladoiro – tamén para todos os públicos maiores de 8 anos – baixo o título “E ti, que queres ser de maior?”. A cita comeza ás 18 horas.
- O pasado martes arrincou na Costa da Morte o “Contamos todas”. Trátase dunha programación da Área de Igualdade da Deputación da Coruña dirixida a alumnas e alumnos de varios concellos da provincia, a través da cal a compañía Tropa de Trapo levará a Fene, Cedeira, Brión, Muros, Ordes, Carnota, Vimianzo, Rianxo, Coristanco e Sada propostas teatrais e de debate para a sensibilización en materia de violencia contra as mulleres e igualdade de xénero.
- XVII Festa do Bolo do Pote de Mazaricos. A Picota encherase dun bo ambiente onde as protagonistas serán as 1.000 racións de bolo do pote que se repartirán a lo longo da fin de semana. Mañá sábado xa se poderá degustar o manxar nos locais colaboradores e o domingo haberá unha carpa no Campo da Feira.
- Carballo inicia a recta final do programa Venres Cultural. Nesta ocasión o Teatro do Noroeste estrea no pazo da Cultura a súa obra "Palabras Malditas". A cita comeza ás 21 horas.
- A casa da Cultura de Vimianzo encherase este mes de teatro grazas ao "Marzo Lareteiro". Mañá ás 21 horas estreáse a programación coa obra "Pementeiras" de Xoré Teatro.
- A parroquia de Santa Sabiña, en Santa Comba, celebra hoxe a súa IV Festa da Primavera coa orquesta Atenas e Disco Móbil.
- Concerto solidario en Muros. Continúan os concertos acústicos no mercado de abastos de Muros a prol da asociación animalista Anajata. Mañá sábado é o turno de CISMA; un dúo formado por Xakín Martínez Maceiras e Chema Caamaño. A cita é as 21 horas.
- Sardiñeiro (Fisterra) celebra mañá a Festa do Emigrante.
- O WOODSTOCK bar de Cee recibe mañá a visita dos xemelgos “Os Piñeiros” que se encargarán de versionar a grupos como Os Suaves, Platero y tu, Nacha Pop e un longo etcétera… O concerto comeza a partir das 23 horas.
- Nova cita musical este sábado no Celme Café de Vimianzo. O grupo coruñés JACKIE BROWN repasará os clásicos do Rock dos 70.