Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A Buserana critica a publicación do artigo "Víctimas de su sexismo"

A Buserana critica a publicación do artigo "Víctimas de su sexismo"
manuel-morales-do-val-fala-de-sexismo-na-prensa-galega Artigo de Manuel Morales do Val na prensa galega que incendia a redeA Organización Feminista Buserana vén de mostrar a súa "carrexe e indignación" despois de que  un medio de comuniciación publicase o artigo escrito por Manuel Molares do Val baixo o título "Víctimas de su sexismo" no que o autor fala da primeira morte por violencia machista do 2017. Segundo indican desde Buserana "os s medios de comunicación deberían ser parte fundamental da loita contra o asasinato de mulleres a mans do machismo, implicándose na información fidedigna e obviando os eufemismos cando se trata destes crimes". Asi mesmo aclaran que ningún medio de comunicación publicaría un artigo no que o autor se referise ás vítimas do terrorismo coma "estúpidas"; "e iso é o que fai o señor Manuel Molares do Val no seu artigo coas mulleres que xa non poden defenderse, porque as mataron eses homes dos que el destaca as bondades das súas artes amatorias coma causa da estupidez feminina que acaba por levalas a tumba", sentencian desde a organización Buserana. "Buserana non pode permitir esa falla de respecto e de sensiblidade nos medios que se permiten publicar apoloxías do machismo cando ese machismo asasina mulleres implacablemente. Cada un deses medios de comunicación que publican artigos coma o do señor Molares do Val só poden ser unha cousa: cómplices. Por iso Buserana non pode ficar calada e requerimos respecto polas vítimas. Ningunha elixíu morrer. Matáronnas. E respecto é o que como mínimo lles debemos dende todos os ámbitos" indican.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios