A Buserana rexeita as ofertas emprego sexistas
A Asociación Feminista Buserana quere facer público o seu rexeitamento e indignación ante as últimas e reiteradas ofertas de emprego para mulleres en hostalería ou oficinas, onde o requisito principal e imprescindible vén sendo unha entrevista persoal en roupa interior, ter determinados atributos físicos ou agardar complaciencia para coa clientela.
Ante as cada vez máis frecuentes denuncias de afectadas, os medios empezan a facerse oco e a deixar de tratrar eses denigrantes anuncios coma un caso aillado, por máis que aínda quede quen o trate como algo banal ou que incita á broma. Porque aí é onde radica o perigo de non dar rematado coa imaxe da muller coma mero obxecto, sen outro mérito que dar satisfacción e compracer ós homes.
Buserana amosa a súa repulsa e incide nas denuncias ante estes casos, para visibilizalos e impedir que proliferen. A crise no pode ser escusa para aproveitarse da necesidade e desesperación de mulleres que só buscan un traballo e o que acaban atopando é machismo e degradación. Violencia unha vez máis contra as mulleres. Non o tomes a risa.
Novas relacionadas
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).