Mércores. 13.11.2019
El tiempo

A Costa da Morte, o ceo no que sobreviven as estrelas

A Costa da Morte, o ceo no que sobreviven as estrelas
Contaminación luminosa nas zonas litorais da península ibérica.Fonte-GCiencia Contaminación luminosa nas zonas litorais da península ibérica.Fonte-GCiencia

A contaminación luminosa é un deses problemas pouco visibilizados. Nas áreas rurais seguimos vendo as estrelas de xeito natural e seguramente non as valoramos na súa axeitada medida. Basta con pasar unhas noites en cidades como A Coruña ou Santiago para comprobar que o ceo é completamente distinto que en calquera parroquia da Costa da Morte. Sinxelamente, nas cidades xa non quedan estrelas. As estrelas, e a impresionante Vía Láctea, sobreviven nas zonas rurais.

Así, xa temos explicación para a cantidade de premios que reciben as fotos nocturnas da Costa da Morte. Fotógrafos especializados como Daniel Llamas, Rubén Santa María ou Daniel Lois achéganse aos nosos cabos a retratar as estrellas e a Vía Láctea. E fano porque a Costa da Morte é a zona litoral da península con menor contaminación luminosa.

Así o acaba de corroborar o xornalista carballés Manuel Rey Pan no GCiencia, facendo un completo estudo de todo o litoral peninsular a raíz dos cálculos que o xeógrafo Dominic Royé fixo a partir dos datos da NASA.

Ademais dos interesantes datos científicos que nos aporta GCiencia podedes pasar tamén a dar un pase pola luminosidade da penínsual neste mapa interactivo.

Contaminacion luminosa na peninsula iberica

Novas relacionadas

Outras novas de fotografía nocturna

Fonte

Comentarios