Sábado. 21.09.2024
El tiempo

A Costa da Morte prepárase para unha nova noite meiga de San Xoán

A Costa da Morte prepárase para unha nova noite meiga de San Xoán
San-Xoan-no-Ezaro As 7 herbas do San Xoan

Aquí estamos un ano máis, xa entrado o verán, esperando para disfrutar da noite máis curta do ano. E na Costa da Morte segue medrando o amor por esta meiga festa nocturna, que enche de lumes as praias da zona. Coas 7 herbas de San Xoán preparadas para lavar a cara na mañá do martes 24 de xuño, facemos un repaso das actividades que temos recollidas na Axenda para saber onde podemos disfrutar do San Xoán costeiro,

Unha das citas máis importantes é o San Xoán carballés. Este luns teremos o concurso de cachelas ás 19:00h, e ás 23:00h comezará a verbena coa orquestra Compostela. Pero ollo, que as festas continúan ata o domingo 29, rematando co Festa do Bosque.

E non pararemos, pois temos festas para aburrir. Temos as Festas do San Xoán de O Esto e as Festas de Anos, ambas en Cabana; as Festas de San Xoán de Serres, en Muros; as Festas de San Xoán de Sardiñeiro, en Fisterra; e o San Xoán de Camariñas coa Lumarea.

Teremos tamén unha noite de Larada no Ézaro, un dos epicentros do San Xoán nestes últimos anos. Desta volta, oviovaR arma unha fermosa larada, con churrascada e verdulada, e unha festa rachada detrás da casa de pedra.

Para o martes ademais, Festas de San Xoán de Berdeogas e as Festas de San Xoán de Mazaricos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios