Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte recibe 108.000€ para os servizos de normalización lingüística

A Costa da Morte recibe 108.000€ para os servizos de normalización lingüística
Cada concello recibe 12000 euros para o mantemento do servizo de normaliazcion linguistica Cada concello recibe 12.000 euros para o mantemento do servizo de normalización lingüística Nove concellos da Costa da Morte (algúns comparten servizo) recibirán cadansúa subvención da Deputación da Coruña por un importe de 12.000€ para o mantemento e o reforzo dos servizos de normalización lingüística durante 2016. A resolución saiu publicada no BOP do 4 de maio que recolle a distribución dun orzamento que triplica o destinado para este fin no anterior exercicio. En total son 52 os municipios da provincia coruñesa os que recibirán esta axuda de 12.000€ o que supón un investimento  en normalización lingüística de 432.000 euros. “As administracións locais xogan un papel fundamental, principalmente por seren as administracións máis próximas, e as que desenvolven accións e xestionan os servizos á rente da veciñanza co cal son de especial relevancia para dar pasos adiante no proceso de normalización da nosa lingua", sinalou Goretti Sanmartín, responsable da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña para quen, por esta razón, “ a Deputación quere apoiar o desenvolvemento de medidas normalizadoras desde os propios concellos, por responsabilidade social”. Concellos da Costa da Morte que se benefician da subvención:
  • Carballo: 12.000€. Axuda ao mantemento do servizo de normalización lingüística durante o 2016
  • Carnota: 12.000€. Mantemento do SNL existente (agrupación dos concellos de Carnota e Mazaricos)
  • Cee: 12.000€. Normalización lingüística 2016
  • Dumbría: 12.000€. Mantemento do servizo de normalización lingüística Dumbría-Muxía
  • Fisterra: 12.000€. Mantemento do servizo de normalización lingüística
  • Muros: 12.000€. Mantemento do servizo de normalización lingüística
  • Ponteceso: 12.000€ Mantemento do servizo de normalización lingüística
  • Santa Comba: 12.000€. Mantemento do servizo de normalización lingüística
  • Vimianzo: 12.000€ Mantemento do servizo de normalización lingüística Vimianzo-Zas
Novas relacionadas Fonte  

Comentarios