A fin de semana trae unha #AxendaCostadaMorte cargada de festas
08:15 06/07/18
A #AxendaCostadaMorte arranca con forza este mes de xullo na que as festas volven a ser as protagonistas. Antes de debullar unha a unha cada unha das citas vemos o parte costeiro de Meteogalicia.
Meteogalicia
Un cambio na dirección dos ventos provocará unha diminución da nubosidade a partir de hoxe venres ainda que persistirán nalgunha zona da Costa da Morte, como Malpica. As temperaturas aumentarán durante a fin de semana chegando hoxe venres aos 24º de máxima, aos 26º o sábado e o domingo chegaremos aos 30º na zona da Costa da Morte. O sábado será un día con ceos despexados durante a mañá e pola tarde formaranse nubes de evolución no interior que traerán chuvascos treboentos a zonas da Coruña e do interior da provincia. O domingo, continúa a situación de calor e de inestabilidade pola tarde que probablemente volverán a deixar chuvasco na zona do interior da comunidade.Festas
- Festas de Neaño. En Neaño (Cesullas) están de festas desde hoxe ata o domingo onde haberá música de todos os estilos.
- Festas de San Cristovo de Corzón. As festas de San Cristovo de Corzón, en Mazaricos, comezan hoxe coa festa do churrasco amenizada por Fede Pérez e Pepo Suevos. As citas verbeneiras quedan para o martes 10 e o mercores 11 de xullo.
- Festas en Soesto. Na parroquia de Soesto, en Laxe, comezan hoxe as festas que continúan ata o domingo. Tres días de moito troula con sardiñada incluída.
- Entroido de verán de Fisterra. En Fisterra celebran mañá sábado o Entrodio de Verán. A festa comeza xa ás 12:00 horas que continuará durante todo o día. O gran desfile, que sairá dende a praia da Ribeira ata a praza da Constitución, será a partir das 19:30 horas.
- Festa do Pan da Brea. Mañá e o domingo, celebran na Brea, en Carballo, a festa do pan na que non faltará a música.
- Festas en Tines. En Tines, Vimianzo, festexan mañá sábado as festas na honra a San Antonio con pasarrúas, sesión vermú e verbena.
- Festas de San Critóbal de Cee. En Cee celebran este domingo a festa de San Cristóbal coa súa tradicional procesión motorizada.
Asalto ao Castelo de Vimianzo
Despois do arranque dos Pinchos Irmandiños, a troula continúa hoxe e mañá en Vimianzo coa XXIII edición do Asalto ao Castelo. O fin de festa chegará cos concertos de Ialma, Inmaculate Fools, Amparanoia e Terbutalina.Outras citas
- Praza dos Libros en Carballo. O xardín municipal de Carballo acolle ata este domingo a Feira dos libros na que a imaxinación, creatividade, contacontos, animación e os libros, se dan da man. O horario é de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas.
- Xornadas Muros Mira ao Mar. Durante estes tres días - venres, sábado e domingo - Muros acolle as XIV Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar, que traerán unha gran cantidade de actividades relacionadas co mar.
- Iluminación noctura da Fervenza do Ézaro. Entre as 23:00 e as 00:00 horas deste sábado, 7 de xullo, a cascada do Ézaro volverá a iluminarse.
- Festival electrónico Comarea. O Comarea Electronic Festival volve encher a praia dos Muíños, en Muxía, de música electrónica. A cita é mañá a partir da media tarde.
- Inauguración dunha exposición. A Galería Garabato de Carballo estrea este sábado, a partir das 21:00 horas, a exposición "In-presións", de Nolo Suárez.
- Festifolk en Carballo. Centos de gaiteiros xuntaranse este sábado en Carballo no marco do Festifolk que remata coa actuación de Milladoiro.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Durante o verán, volven as visitas teatralizadas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días durante os meses de verán (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas. Durante os domingos de xullo e agosto volven as visitas teatralizadas da man de Os Quinquilláns. A cita é as 19:30 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días e as teatralizadas todos os sábados.
- A sala de exposicións da Casa da Xuventude de Carballo acolle ata o 31 de xullo “O Bululú”; unha exposición de Miolos.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])