Unha viaxe, en formato Dogma, á loita do metal con The Gone&Lost


Non pasaron das semis, pero a experiencia da banda costeira The Gone&Lost na súa participación no certame Wrestling of Metal dou para moito. Así o podemos comprobar vendo a documental que nos presentan Paco Gallego e Axitpop Comunicación, nunha viaxe apoiada polo Restaurante muxián O Xardín e HT Producciones SL e Dalleqlibras.
Podedes ver a reportaxe completa da viaxe en Galicia Confidencial e podedes tamén escoitar a entrevista que o programa da radiONeria Super Freak Night Show lle fixo a semana pasada ao baixista Iván Villar.
Pero nós deixámoscos directamente co filme da viaxe a Madrid de The Gone&Lost, presentada como un falso documental danés, de director inexistente, en homenaxe ao movemento Dogma 95, movemento de renovación cinematográfica impulsado por cineastas como Lars von Trier o Vinterberg. Desta volta foron Paco Gallego e Axitpop Comunicación os responsables da produción e os Alejo, Iván, Álvaro, Gonzalo, Gon e Miguel. Pero ollo, que en breve estrean nova voz!
"The Gone&Lost, Den Film"
Entrevista con Iván Villar en Super Freaf Night Show
Máis información
- GC: Un documental retrata a viaxe musical dunha banda galega de Metal a Madrid.
- SFNS da radiONeria: Entrevista con Iván Villar.
Máis información
- The Gone&Lost no Myspace.
- The Gone&Lost no Facebook.
- The Gone&Lost no Youtube.
- The Gone&Lost superan en Madrid a primeira batalla de bandas metaleiras.
- Os loitadores do metal da Costa da Morte invaden Madrid.
- Quilmas ruxe a ritmo de rock.
- Entrevista con Iván Villar, un ceense na vangarda da danza do país.
- Os grupos culturais da zona poden inscribirse xa na Rede Cultural 2012 da Deputación.
- LeöKCh en estado de ansiedade.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
Fonte
