A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación


A Deputación da Coruña vén de aprobar a lista de grupos de toda índole e condición, que forman parte da Rede Cultural 2011. Centos de grupos de danza, teatro, música... quedan inscritos. A proposta é para que as asociacións e concellos poidan solicitar a súa participación nas súas festas, contando cunha importante subvención da entidade provincial.
De feito, as entidades sen ánimo de lucro poderán solicitar actuacións das que a Deputación aporte o 70% do importe da actuación.
Grupos da bisbarra
Se os organizadores de festas e eventos serán beneficiados por estas axudas, os que tamén son favorecidos son os grupos da zona. Grupos de teatro, música tradicional, folk ou rock, bandas.... Todos poden adherirse á Rede Cultural da Deputación e entrar no circuito.
E poden saír moi beneficiados porque ás entidades e concellos sairálles moito máis barato a súa contratación.
Prazos
No terceiro cuadrimestre de cada ano, sobre finais de setembro e primeiros de outubro, ábrese un prazo de 20 días para que se inscriban os grupos na Rede CUltural do ano seguinte.
Posteriormente sácase o libro e ábrese o período de "contratación/petición" (normalmente febreiro-marzo) para Concellos e asociacións.
Moita música tradicional
Facendo un repaso as grupos adheridos, podemos facer unha clara descrición da Cultura na Costa da Morte. 23 corais, 7 grupos de canteiras e pandereteiras, 6 bandas de gaitas e 2 bandas de música dan conta do potencial en materia tradicional na Costa.
Pola contra, tan só temos 12 grupos de folk, pop ou rock, 4 grupos de teatro e pouco máis.
Vemos ademais que os concellos da zona de Bergantiños son moito máis prolíficos a inscribirse nestes programas, mentres que pola comarca de Fisterra son poucas as posibilidades onde contratar. Por exemplo, os Concello de Dumbría e Mazaricos non conta cun só grupo, de todas as disciplinas, inscrito.
Repaso aos Grupos da Costa na Rede Cultural
Cabana
- El Parga, solista.
- A. C. O FOL, cantareiras.
- ABBEY ROAD, pop.
- CORAL DE CESULLAS. Coral.
- CORAL DE CORCOESTO. Coral.
- CORAL SAN MARTÍN DE CANDUAS. Coral.
- GAITEIROS DE ANOS. Gaitas.
- GRUPO DE GAITAS AIRES DO CASTRO DE BORNEIRO. Gaitas.
- IARA TEATRO . Teatro non profesional.
Camariñas
- DEQUENQUÉN TEATRO. Teatro.
- ABRINDO REJO. Banda de Gaitas.
- ASOC. DO CORO BRISAS DO MAR DE CAMARIÑAS. Coral.
- CARAMUXAS. Cantareiras.
- CORAL ANDURIÑAS DE XAVIÑA. Coral.
- OS PANCHOS DO JOLFENDRO. Charanga.
Carnota
- CORAL POLIF. DE CARNOTA. Coral.
Cee
- BANDA DE MÚSIC A DE CEE. Banda de Música
- CORAL POLIF. NERIA COSTA DA MORTE. Coral.
- GRUPO DE BAILE A.C. TERRA DE SENA. Baile.
- GRUPO DE BAILE BREOGÁN DE BRENS. Baile
- GRUPO DE PANDERETEIRAS DE BRENS. Pandereteiras.
- PETA FORTE. Charanga.
- TALIA TEATRO. Teatro (Santiago de Compostela).
Corcubión
- BAILE NERIO. Baile.
- CORAL AIRIÑOS DE QUENXE.
Fisterra
- A CRUS DE BAIXAR. Folk.
- BANDA "O RUMBO" DE SARDIÑEIRO. Banda de Gaitas.
- CHARANGA O VENDAVAL. Charanga.
- LAURA DE FISTERRA. Solista.
Laxe
- ASOC. CULT. AMIGOS DA CORAL POLIFONICA MUNIC ATALAIA LAXE. Coral
- BANDA DE GAITAS MARUXÍA . Banda de Gaitas.
- CEN-TROLES . Jazz e blues.
- CORAL POLIF. MUNICIPAL "ATALAIA" DE LAXE. Coral.
- ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE LAXE. Teatro non profesional.
- O TREN DA UNHA. Grupo de música divertida.
- ORFEÓN BREOGÁN.
Malpica
- ASOCIACIÓN CULTURAL MEDIADUCIA. Folk
- BANDA DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL MALANTE. Banda de Gaitas
- BANDA DE GAITAS RAIGAÑAS. Banda de Gaitas.
- CORAL DE MALPICA. Coral.
- ENTREFAROS. Folk
- GRUPO DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL RAIGAÑAS. Música e baile
- GRUPO DE TEATRO RAIGAÑAS. Teatro.
- MALANTE. Gaitas, pandeiretas e baile
- MEIGALLO.
Muxía
- GRUPO VOCAL "VIRXE DA BARCA". Coral.
Muros
- A XANELA DO MAXÍN. Teatro.
- AVELAIÑA. Folk
- OMAR PERCUSSION GROUP. Músicas do Mundo
- AGRUP. FOLCL. XIMIELA. Baile, música e pandeiretas.
- CORAL "DON DIEGO DE MUROS". Coral.
- CORAL SAN XOAN DE SERRES. Coral.
- CORAL SANTA MARIÑA. Coral.
- GALANÍA DE MUROS. Baile e música tradicional.
- TRAPOS SUCIOS. Rock.
- TRIO MUSICAL ECLIPSE. Música de todo tipo.
- XEITURA. Gaitas.
Ponteceso
- A OLIVEIRA DE MONTE BRANCO. Cantigas populares, cantigas.
- AS QUISQUILLEIRAS. Cantareiras.
- ASOC. CULT. SAN XOAN DE XORNES. Música tradicional
- ASOC. PANDERETEIRAS RAÍCES COMBINADAS DE LIMIÑOA. Pandereteiras.
- BANDA DE GAITAS INLLAR. Gaitas.
- BANDA DE MÚSICA EDUARDO PONDAL. Banda de Música.
- CORAL POLIF. BRISAS DO MAR. Coral.
- CORAL POLIF. S. MARTIÑO DE CORES. Coral.
- CORAL POLIF. SAN ELEUTERIO DE TELLA. Coral.
- CORAL POLIF. SAN SALVADOR DE PAZOS. Coral.
- CORAL POLIF. SANTA MARIÑA - VOCES CORALES. Coral.
- JESÚS COUTO E OS SEUS ACORDEÓNS. Acordeón
- MÚSICA E DANZA TRADICIONAL INLLAR. Música e baile tradicional
- O CRUCEIRO. Charanga.
Vimianzo
- CORAL POLIF. LUSCO - FUSCO. Coral.
- CORAL POLIFÓNICA XAN MELLA. Coral.
- GRUPO DE BAILE TRADICIONAL "CHURÍA". Baile.
- GRUPO DE TEATRO BADIUS. Teatro non profesional.