Agosto enche de citas a #AxendaCostadaMorte

08:15 05/08/16

- Dende hoxe e ata o vindeiro 15 de agosto, a localidade malpicana de Buño acolle a 33ª edición da Mostra da Olería. Ademais das casetas de venta, o parque Luciano García Allén será o punto de referencia para a maior parte das actividades que se realizan á par da mostra. Obradoiros, exhibicións, exposición,... e música.
- Na parroquia muxiana de Quintáns comezan hoxe a celebrar as festas de San Isidro cunha sardiñada. O sábado e o domingo os actos relixiosos combinaranse co orquesteo que coorre da man de Blue Star e Caramelo (sábado) e o domingo con Alarma e Iris que ademais tamén haberá a tradicional danza de espadas.
- Vimianzo comeza hoxe tres días de festas cargadas de actuacións musicais. O domingo haberá unha macro sesión vermú e a partir das 20 horas actuarán Los Claretes.
- En Camelle comezan hoxe as festas do Carme e dos Remedios. Tres días de festa cargados de actos litúrxicos e de actuacións musicais.
- Carballo celebra mañá e o domingo as festas do san Cristovo con música o sábado, e procesión de vehículos na mañá dominical, antes da sesión vermú.
- A praia da Ribeira de Fisterra acolle o sábado e o domingo a Festa do Longueirón - que cumpre 25 anos - e o III Desembarco Pirata.
- En Sofán - Carballo - celebran dende mañá ata o luns as súas festas cunha macro sesión vermú, verbeneo e unha sesión de fogos de artificio.
- As Torres do Allo (Zas) abren durante todo o verán en horario de 11 a 20 horas e todos os domingos, as 19:30 horas, ofrecen un espectáculo teatral da man de Os Quinquilláns.
- O Castelo de Vimianzo abre no seu horario habitual e as 12 e as 19 horas haberá un servizo gratuito de visita guiada. Tamén o domingo, as 13 e as 17 horas, a compañía teatral Os Quinquilláns fará un repaso pola historia do Castelo cunha visita teatralizada.
- O sábado e o domingo, as 13 e as 18 horas, realizanse visitas guiadas nos Batáns do Mosquetín (Vimianzo).
- Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
- O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas, a excepción dos domingos.
- Vimianzo en Festas. Dentro do programa de visitas guiadas Vimianzo. Historia Viva, mañá parte ás 11:30 horas do Casetelo de Vimianzo unha visita gratuita pola vila. A vila celebra as súas festas de verán, un momento perfecto para achegarse á súa historia. Desde a fortaleza partirase á Praza da igrexa, centro neurálxico da vida noutro tempo. Cruzarase o tradicional barrio de Tedín para chegar á capela neoclásica e Pazo de Trasouteiro. Tras escoitar as augas do río que moven a moa do Muíño da Agra e a visita remata no renacentista Pazo de Trasariz.
- A casa da Cultura de Vimianzo acolle ata o vindeiro 30 de agosto a exposición fotográfica “Asunción, María e Jose” de Marcos Rodríguez.
- A sala de exposicións do faro Vilán acolle durante todo o mes de agosto a exposición de esculturas de Javier Lavandeira. A mostra pode visitarse en horario de 11 a 21 horas.
- O Cárcere Vello de Corcubión acolle ata o 31 de agosto a exposición “Unha ollada aos barcos e o mar” organizada polo concello de Corcubión e Asociación Galega de Fotografía Naval.
- Concerto de De Vacas en Carballo. A praza do Concello acolle hoxe a partir das 22:30 horas un concerto que se enmarca dentro do Verán Cultural.
- Dende hoxe e ata o domingo, a praia do Ézaro será unha festa con competicións deportivas, orquesteo, espectáculos de maxia, unha gran sardiñada e... ¡moito máis!
- Sesión vermú no gastrobar A Ventana de Laxe da man de Nastasia Zurcher. A cita é hoxe.
- Hoxe remata en Cee o festival do humor - CEEntal do Humor -. O encargado será David Perdomo co seu monólogo. O custe da sesión é de 7€.
- Mercado Pirata e festa da Cervexa en Laxe. Dende hoxe e ata o domingo a praza dos Voluntarios de Laxe acolle a IV Mercado Pirata e festa da Cervexa. Postos de artesanía e de alimentación, música, animación, teatro, contacontos e un curso de fabricación de cervexa artesá son os principais puntos do programa.
- Sesión vermú no bar Escaravello de Laxe a cargo do grupo Oîma.
- A partir das 21 horas de mañá sábado, a casa da Cultura de Cee a colle o XV certame de Habeneras no que participan a coral polifónica Atalaia de Laxe, Lembrazas de Santa Cruz e Neria-Costa da Morte.
- Noite de cine en Zas. O domingo, o concello de Zas pecha a súa Semana Cultural cunha sesión de cine que terá lugar ás 22 horas na praza do Concello. Proxectarase a película "Somos gente honrada".
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)