Aloumiños e a UdC abren un programa de educación familiar


Por que na escola non se aprenden as cousas necesarias para criar un fillo? Por que ninguén as ensina?
Unha pregunta repetida en innumerables ocasións e que será rebatida no novo proxecto que a entidade Aloumiños e a Universidade da Coruña poñen en marcha. Trátase dun ambicioso “Programa de Educación Familiar e socialización para a diversidade”. Un programa que comezará o vindeiro 19 de decembro e rematará o 10 de abril, e que desenvolverá en varios espazos carballeses 12 actividades ademais dos obradoiros para pais de nenos e nenas con TEA.
Así, coa intención de informar, Aloumiños e o Grupo de Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Aprendizaxe Escolar da Universidade da Coruña, preparan este programa, dirixido para calquera familiar ou persoa interesada poderá achegarse ás actividades programadas para os venres, que como se pode ver teñen temáticas de todo tipo. Os obradoiros dos sábados están dirixidos a realizar obradoiros prácticos que sirvan ás familias afectadas.
Os actos desenvolveranse os venres no Forum Carballo ás 19:30 h. Os venres as accións formativas e informativas serán no Forum Carballo. Os sábados 10, 17, 24 e 31 de xaneiro, 14 e 21 de febreiro, 7, 14, 21 e 28 de marzo haberá obradoiros para pais e nais de nenos e nenas con TEA na Biblioteca do Rego da Balsa, para asistir deberanse inscribir antes do 9 de xaneiro na web www.asociacionalouminhos.org.
Programa
- 19 de decembro de 2014 no Forum Carballo:
- 19:30 h. Inauguración: Asistirán Don Evencio Ferrero, Excmo. Alcalde de Carballo; Dona Ana Mª Iglesias Galdo, Decana da Facultade de Ciencias da Educación; Dona María Becerra Trigo, Presidenta da Asociación Aloumiños; Don Manuel Peralbo Uzquiano, Director do Grupo de Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Aprendizaxe e da Aprendizaxe Escolar da UDC; Dona Ana I. Vázquez Lojo, Presidenta do Colexio de Logopedas de Galiza; Dona Andrea Alonso Veigue, Presidenta da Asociación Galega de Terapeutas Ocupacionais.
- 20:00 h. A Parálise Cerebral Infantil: etioloxía/diagnóstico e intervención. Pamela Cundíns (Logopeda de ASPACE) e Sandra Mosquera Paredes (Educadora Social, Psicopedagoga e máster en Psicoloxía Aplicada). - 9 de xaneiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Mónica Vilameá Pérez e Iria Botana Lois (Logopedas e profesoras asociadas da UDC): Trastorno do Espectro Autista: etioloxía, diagnóstico e tratamento.
- 16 de xaneiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Montserrat Durán Bouza (Profesora Titular de Personalidade, evaluación e Tratamentos Psicolóxicos) e Juan Carlos Fernández Méndez (Psicólogo do gabinete Cambio e profesor Asociado da Universidade de Coruña): Control de comportamento e socialización no contexto familiar.
- 23 de xaneiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Iria Botana Lois e Mónica Vilameá Pérez (Logopedas e profesoras asociadas da UDC): A atención temprana: a súa importancia no diagnóstico e tratamento precoz das alteracións do desenvolvemento.
- 30 xaneiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Silvia López Larrosa (Profesora Titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación dea UDC): Como afectan os trastornos do desenvolvemento á vida da parella.
- 13 febreiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Manoel Baña Castro (Profesor Titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UDC) Inclusión social, educativa e calidade de vida das persoas con alteracións do desenvolvemento.
- 20 febreiro de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Manuel García Fernández (Profesor Titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación): Apego e trastornos do desenvolvemento.
- 6 marzo de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Andrea Alonso Cadavid (Presidenta da Asociación Profesional Gallega de Terapeutas Ocupacionales): Terapia ocupacional no fogar.
- 13 marzo de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Manuel Peralbo Uzquiano (Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UDC): Calidade do medio ambiente familiar e desenvolvemento.
- 20 marzo de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Alberto Veleiro Vidal (Orientador do CEIP Sofía Casanova): Etioloxía, diagnóstico e tratamento do TDAH.
- 27 marzo de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Pilar Vieiro Iglesias (Profesora Titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UDC): Dislexia: diagnóstico e tratamento.
- 8 de abril de 2015 ás 19:30 h. (lugar aínda por determinar): Ángel Carracedo Álvarez (Catedrático de Medicina Legal e director do Grupo de Medicina Xenómica da USC) As enfermidades “raras”: problemas e perspectivas de futuro.
- 17 de abril de 2015 ás 19:30 h. no Forum Carballo: Conferencia de Clausura.
Novas relacionadas
- Pola inclusión real no eido socioeducativo.
- Aloumiños e Aspaber unen forzas para optar á xestión da atención temprana en Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).